Concello de Narón está en Concello de Narón.
3 h · Narón ·
🕯✡ Esta mañá tivo lugar no salón de plenos do Concello o acendido de candeas en lembranza das vítimas do Holocausto que se conmemora cada 27 de xaneiro. A alcaldesa, Marián Ferreiro, presidiu este acto institucional ao que tamén asistiron a concelleira de Cultura, Olga Ameneiro, o voceiro de TEGA, Román Romero, a voceira do PSOE, Silvia de Arriba, e a concelleira do BNG Beatriz Mosquera, así como o presidente da Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, Manuel Pita, xunto con outros integrantes desta entidade, profesorado e alumnado do colexio Jorge Juan, convidado este ano, e dous integrantes da Asociación Cultural Musical "Sementeira" - Xove Banda de Narón.
Foron precisamente as alumnas e alumnos do centro Roi Leiras, Desiré Castro, Valentina Lostre, Carla Vilariño, Hugo Pita e Ricardo Pacheco quen acenderon as seis candeas en recordo de todas as vítimas do xenocidio nazi, das persoas que sobreviviron e tamén de todas as que axudaron a salvar vidas.
Lembra que, ademais, ata o día 30 permanecerá na Biblioteca Pública Municipal de Narón a exposición “Galegos en Mauthausen”, composta por corenta imaxes e outros documentos. Existe a posibilidade de realizar visitas guiadas, que deberán ser solicitada chamando ao 981382173.