Saltar ao contido principal

ACTO AMADA GARCÍA Y REPRESALIADOS FUSILADOS en el Castillo SAN FELIPE

 


ÁLBUM FOTOS:  https://drive.google.com/drive/folders/1QZ1E4ZmP-AVRfUc9nMpfnMnz6snzAzMu?usp=sharing
Hoxe 27 de xaneiro, organizado pola A.C. Memoria Histórica Democrática, tivo lugar no Castelo de San Felipe un sinxelo acto en lembranza de Amada García e os sete compañeiros asasinados con ela, tal día de 1938, pola Ditadura franquista.  
Lembranza extensiva tamén as moitas mulleres asesinadas por exercer os seus ideais de progreso e igualdade e a todas as vítimas da ditadura e ás súas familias: a quen lles quitaron a vida, ou sofriron cárcere, torturas, violacións, exilio, perda dos seus empregos, multas e todo tipo de maltratos e discriminacións.
Inteviron no acto, Amada Taimir, neta de Amada, o Presidente da nosa Asociación Manuel Fernández Pita, o historiador Bernardo Máiz e deuse lectura ao poema de José Torregrosa  “Ay Amada, bien amada”, realizándose una ofrenda floral de todas as personas asistentes.
Desde a familia de Amada e a nosa Asociación agradecemos as persoas que a título personal ou representando a entidades e asociación nos acompañaron.
A continuación depositamos unhas flores nas foxas e sepulturas do Cemiterio de Serantes, onde xa o Concello de Ferrol colocara centros florais.
Fotografías de: Beatriz Rascado, Chelo Carballal, Juan Manuel Galán e Concello de Ferrol.

Acusados de "Rebelión Militar," aquel 27 de xaneiro de 1938, foron fusilados neste lugar e soterrados no Cemiterio de Serantes:
Amada García Rodríguez, de Mugardos, 27 anos, casada, deixaba unha filla e un fillo recén nacido.
Os veciños de Mugardos: 
Antonio Eytor Cañizo, de 57 anos, carpinteiro, Concelleiro 
Juan José Teijeiro Leira, de 42 anos, casado, 1 fillo, mariñeiro, 
José María Montero Martínez, de 39 anos, casado, enterrador.
Ángel Roldós Gelpi, de, 50 anos, casado, con fillos, comerciante
Os veciños de Ares:
Jaime González Pérez, de 31 anos, solteiro, dependente na farmacia do seu pai.
Germán López García,  50 anos, casado, 2 fillos 
Ramón Rodríguez López,  38 anos. casado
Todos militantes ou simpatizantes de Sindicatos ou Partidos de Esquerdas.