Convidámoste á visita inaugural a cargo de Aser Álvarez, director, guionista, produtor galego e asemade comisario da mostra «A VIDA LENTA. MEMORIAS E RITMOS DO RURAL GALEGO»Canda el afondamos nun proxecto interdisciplinar que reflexiona sobre as formas de vida vencelladas ao rural galego, sobre a súa iconografía, a súa presenza na cultura contemporánea e a sostibilidade do medio. Goza de máis de 70 fotografías, máis de 40 minutos de pezas audiovisuais, fragmentos poéticos e música, nesta mostra pensada como instrumento para fomentar o debate contemporáneo e a revisión dunha realidade esencial para a conformación da identidade en Galicia. Actividade libre e gratuíta, previa inscrición. Mércores 31 de xaneiro | 19.00 h Sede Afundación (Praza da Constitución, s/n) Ferrol |