Saltar ao contido principal

24 febreiro: Nova data inauguración en Ferrol Memorial Vítimas Ditadura

 24 febreiro: Nova data inauguración en Ferrol Memorial Vítimas Ditadura

Recibidos

Memoria Histórica Democrática

12:48 (hace 46 minutos)
para Asociación, bcc: 

NOVA DATA DE INAUGURACIÓN PARA O MEMORIAL ÁS VÍTIMAS DA DITADURA

A convocatoria para as Eleccións Autonómicas de Galicia o 18 de Febrerio  fixo inviable a data de inauguración prevista do vindeiro día 20, dado que este tipo de actos non está permitido celebralos en pre-campaña.

En reunión convocada onte polo Concello de Ferrol, coa participación da Comisión Pro-Memorial, A.C. Memoria Histórica Democrática, historiadores e Grupos Municipais, acordouse trasladar ao Sábado 24 de Febreiro a inauguración deste Memorial, que recollerá os nomes das 904 personas asasinadas pola Ditadura, entre 1936 e 1975, nas comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal.

O monumento está sendo instalado no Parque Antón Varela, no barrio de Canido, inmediato a traseira do Instituto que hoxe ocupa o solar do desaparecido Cemiterio Municipal, un dos lugares da comarca que recolleron maior número de vítimas.

A escultura metálica que o artista Manuel Patinha cedeu desinteresadamente ao Concello, irá instalada sobre base de hormigón recuberta de granito, cos nomes das vítimas grabados en metacrilato e ordenados alfabéticamente dentro de cada ano.

O acto de inauguración contará con música, poesía, ofrenda floral e intervencións institucionais, da Comisión e das familias afectadas.

A nosa Asociación Memoria Histórica Democrática - que ven colaborando hai tempo coas Corporacións Municipais a través do proxecto de Consello Sectorial da Memoria, cuxa formalización volvemos onte a reivindicar, cos historiadores e coa Comisión Pro_Monumento, para que éste se realice e se honre a quen perdeu a vida en defensa dos seus ideais de progreso e de ben común - acolle positivamente esta nova data que permitirá a realización completa dos elementos do memorial, a difusión adecuada do acto e unha maior participación das familias e personas interesadas.

Grazas a todas e todos os que colaboran por facelo realidade.



M1 - copia.jpg
Situación Memorial.jpg