Saltar ao contido principal

Informacion SOS Sanidade 18 decembro

 



Informacion SOS Sanidade 18 decembro


manuel martin

Adjuntos13:05 (hace 5 horas)
para bcc: 
Informacion novas mobilizacions en protesta da situacion sanitaria galega
Saudos
Manuel Martin. Voceiro

Maña martes 19 novembro as 11 concentración das Plataformas SOS de Galicia en protestas contra uns orzamentos da Xunta que perpetuaran a crise e  desmantelamento sda Sanidade Pública.
 
Centos de veciñas e veciños xuntáronse o pasado sabado ante o centro de saúde de Arcade, en Soutomaior para exixir "solucións" á Xunta da Galiza ante a falta de persoal médico que "desde hai anos" afecta o concello. En consecuencia, a veciñanza ten que acudir a Pontevedra para poder ser atendida, porque a lista de agarda non baixa dos 10 días.

https://www.nosdiario.gal/articulo/social/vecinanza-soutomaior-exixe-restitucion-da-atencion-pediatrica/20231215205523185059.html

Plataforma en Defensa de la Sanidad Pública de Tomiño, acompañada por decenas de veciños, concentrouse o domingo fronte ao centro de saude para denunciar a “terrible” realidade que están a padecer. O sabado so había un médico para todo o Concello polo que todalas de dicembre e xaneiro están bloqueadas. Ante a falta de poersoal facultativo os ten que acudir as urxencias de Tui o directamente ao hospital Cunqueiro.

https://www.farodevigo.es/comarcas/2023/12/15/tomino-clama-terrible-realidad-sanidad-95862312.html

A Plataforma en Defensa da Sanidade da Zona Sur de Lugo, tralos últimos acontecementos que están a suceder nos centros de Atención Primaria tanto en Monforte, Bóveda e Chantada, ademáis da situación agravante no Hospital Comarcal, convoca unha Concentración a favor da Sanidade pública.

A Plataforma SOS Sanidade Pública Sanxenxo esta colocando ÁRBORES DA SANIDADE por todas as parroquias do Concello de Sanxenxo para visibilizar a necesidade da mellora do noso sistema sanitario público. Tamén quedará un buzón no CS de Baltar (Portonovo) para que todas as persoas que así o desexen poidan deixar as súas queixas e suxerencias sobre a situación e mellora da sanidade pública. SOS Sanidade Pública Sanxenxo, participara na concentración do día 19 de decembro, ás 11,00h., diante do Parlamento de Galicia

https://m.facebook.com/story.php?story_fbid=392926586421106&id=100071113038689

Moaña leva 107 semanas consecutivas de mobilización para recuperar as urxencias sanitarias. Centos centos de veciños e veciñas desta vila do Morrazo volveron a saír á rúa para reivindicar unha asistencia sanitaria de calidade. A protesta, convocada cola Mesa da Sanidade de Moaña, unha coordinadora social conformada pola Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Moaña, entidades veciñais, grupos políticos da Corporación. As mobilizacións continuarán en Moaña durante o período de Nadal e se trasladan aos xoves.

https://www.nosdiario.gal/articulo/social/107-semanas-consecutivas-mobilizacion-moana-defensa-da-sanidade/20231217162728185087.html

As urxencias hospitalarias continúan colapsadas na práctica totalidade das áreas sanitarias galegas. 38 doentes con ingreso en planta asinado amoreados nos corredores do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago. A Asociación de Usuarios e Pacientes do CHUS considera que “os servizos de urxencias mantéñense permanente colapsados porque a xerencia non axiliza nin da prioridade a apertura de camas para os pacientes pendentes de ingreso

https://www.nosdiario.gal/articulo/social/38-doentes-ingreso-planta-asinado-amoreados-nos-corredores-do-chus/20231216163523185072.html

Malestar sanitario na A Mezquita: No Centros de Saude o enfermeiro vase de vacacións e o Sergas olvidase de sustituilo. Unha ducia de veciños que tiñan cita este venres con seu enfermeiro non foron atendidos.

https://www.laregion.es/articulo/viana/malestar-mezquita-enfermero-va-vacaciones-sergas-olvida-sustituirlo/202312151630001260829.html


 
image.png