Preparacion concentracion parlamento SOS 19 decembro
| 11:27 (hace 4 horas) | |||
Estimados/as amigos/as, como sabedes o dia 19 de decembro a Plataforma SOS Sanidade Pública acordou convocar unha concentración diante do Parlamento de Galicia en protesta contra os novos recortes de recursos da Sanidade Pública Galega que supoñen os orzamentos do 2024
Neste senso enviamos
1.- O cartaz coa convocatoria para difundir o máximo posible polas redes sociais, webs e medios de comunicación
2.- Un borrador de documento de SOS analizando e criticando os orzamentos presentados polo Partido Popular no Parlamento. Temos 48 horas para realizar emendas (ata o vindeiro xoves), e ter o documento definitivo para facer o folleto informativo.
3.- E necesario que cada Plataforma e organización envíen información sobre si acudirá a Concentración o mais pronto que poidan.
Saudos
Manuel Martin. Voceiro
BORRADOR ANÁLISE ORZAMENTO 2024 SANIDADE PÚBLICA
O orzamento sanitario presentado no Parlamento pola Xunta de Galicia para o 2024, supón unha renuncia expresa a introducir as melloras que necesita a Sanidade Pública Galega para resolver os graves problemas que a afectan. Estes orzamentos son unha aposta polo desmantelamento progresivo da nosa sanidade pública e acrecentan a desigualdade social.
Gasto en Atención Primaria
A pesare de que Atención Primaria Galega ten con graves problemas de falta de recursos que limitan gravemente a accesibilidade da poboación á asistencia, o gasto crecerá solamente en 56 millóns de euros, un 3,5% respecto ao 2023. Se descontamos a inflación o gasto descende realmente un 18,6 % respecto ao 2023 e 335 millóns respecto ao ano 2009. Como consecuencia o orzamento para Atención Primaria queda no 14,2% do gasto sanitario público total, moi lonxe do obxectivo do 25% recomendado por organizacións profesionais e a OMS.
Gasto en Atención Hospitalaria
Pese ás enormes listas de agarda que poñen en risco a saúde das persoas enfermas, o orzamento crece un 3,2% respecto ao 2023, e decir descende un 25% respecto o 2023 se descontamos a inflación.
Á Saúde Publica
Destínanse 18 millóns de euros, que representan só un 0,35% do orzamento total. Estes servizos, que son necesarios para promover a saúde ou previr novas epidemias, seguirán na miseria.
Formación do Persoal
O orzamento e de 77 millóns, un 1,5% do total, absolutamente insuficiente para formar aos traballadores sanitarios e non sanitarios que necesitamos con urxencia, para recuperar a Atención Primaria, reforzar a Atención Hospitalaria e cubrir as necesidades de profesionais da Saúde Mental, e afrontar os centos de xubilacións dos vindeiros anos.
Parelamente o Goberno galego rebaixará nun 50% o imposto de patrimonio para as rendas máis altas, que benefician tan só a 7.700 ricos, que aforran así 40 millóns de euros ao ano, mentres a poboación con ingresos menores de 22.000 euros aforrará tan só 20 euros por persoa ao ano.
Esta clara a política da actual Xunta de Galicia rebaixar aos ricos e recortar a sanidade pública a poboación
Plataforma SOS Sanidade Pública