Saltar ao contido principal

CONCEDEN O PREMIO “MARCELINO LISTE XUSTIZA E LIBERDADE” Á NOSA REDE!

 


Podes ver este correo no teu navagador

Unha boísima  nova !!!!

 

CONCEDEN O PREMIO
“MARCELINO LISTE
XUSTIZA E LIBERDADE”
Á NOSA REDE!

 

 

 

Outorgado pola Asociación Alexándre Bóveda e a Deputación de A Coruña, por iniciativa do Clube de Opinión Foro Cívico, recoñece a labor do Movemento Acampa pola Paz, ou o que é o mesmo, de todas e cada unha das 77 organizacións locais, galegas e internacionais, e dos centos de persoas simpatizantes e asociadas á nosa rede así coma dos equipos de Acampa en Galicia, en Brasil e en Portugal.

 

 

 

Pois si. A recepción do Premio Marcelino Liste Xustiza e Liberdade prodúcenos grande satisfacción e sentimentos de gratitude e humildade a partes iguais. E mais, chegando da man do Clube de Opinión Foro Cívico, integrado na Asociación Alexandre Bóveda, entidades ambas con moitos anos de coherente compromiso cultural e sociopolítico. E da Deputación e o Concello de A Coruña, que entenden cada día mellor o seu mandato institucional e democrático de situarse ao lado do tecido sociocultural.

 

 

O premio será entregado o venres, 15 de decembro, ás 21:30 horas, nunha cea no restaurante Finisterrae, na avenida de Navarra, 63 A coruña. As persoas interesadas en asistir a esta entrega poden comunicar a súa participación na cea (30 euros) até o 14 de decembro  enviando un correo a: acab@mundo-r.com; tamén persoalmente na AC Alexandre Bóveda (Rúa Santo André, 36-1º da Coruña) a partir das 19 horas ou no teléfono 981200869.

 

 
Rede ACAMPA

Se desexas darte de baixa deste boletin PREME AQUÍ.
Esta mensaxe foi enviada a sual2590@gmail.com por noresponder@correo.redeacampa.org por ser subscritor de Acampa e indicar expresamente que desexas que che comuniquemos as novas e actividades.
A nosa organización Acampa nunca che mandará correos non solicitados nin con outros fins distintos ao indicado.
A nosa organización Acampa cumpre as normativas para a loita activa contra o correo non desexado (spam).
Podes exercer os teus dereitos de rectificación ou anulación dos datos segundo a normativa vixente ou reportar calquera abuso ou recepción deste correo desde outras fontes.