Bos días.
Remitimos información da invitación á Xornada do Concello de Ares: “VIOLENCIA DE XÉNERO E SISTEMA EDUCATIVO”, organizada pola Concellería de Benestar e Igualdade do Concello de Ares, e que se celebrarán o luns día 27 de novembro nas Escolas da Alianza Aresá deste Concello.
Nesta xornada contarase, como en edicións anteriores, cun amplo programa de relatorios a cargo de expertos e que permitirán abordar a temática desde diferentes perspectivas.
Achegamos xunto con este correo, a invitación da Concelleira de Benestar e Igualdade do Concello de Ares, o cartel e o programa de relatorios .
A asistencia á mesma é de carácter gratuíta. Para realizar a inscrición, podedes picar na ligazón que facilitamos a continuación:
O número de participantes está limitado ata completar o aforo do local do Salón de Actos das Escolas da Alianza Aresá, seguindo como criterio de inscrición a orde de entrada das solicitudes de participación.
Esperando que a xornada sexa do voso interese, recibide un cordial saúdo.
Teléfonos de contacto: 633 230054 - 653 460381 – 613 196841.
XORNADA CONTRA A VIOLENCIA DE XENERO – CONCELLO DE ARES
VIOLENCIA DE XÉNERO E SISTEMA EDUCATIVO