Saltar ao contido principal

SOLIDARIEDADE CON PALESTINA

 Solidariedade coa Palestina

Recibidos

Galiza por Palestina galizaxpalestina@gmail.com

Adjuntosdom, 19 nov, 21:27 (hace 2 días)
para Galiza, bcc: 

Estimadas compañeiras e compañeiros:

 

Unha semana máis, a sociedade galega sairá ás rúas para denunciar a impunidade de Israel e a complicidade dos gobernos occidentais neste xenocidio planificado.

Un día máis e non cabe outra mentira nen escusa do goberno sionista que xustifique os ataques en Gaza e en toda a Palestina. Unha a unha caen todas as probas falsas que presentan para continuar arrasando Gaza e masacrando á súa poboación sen ningún límite e co desprezo máis absoluto aos dereitos humanos e ao dereito internacional. Non só medios como Al Jazeera, a CNN, a BBC senón mesmo o diario israelí Haaretz  aportan investigacións e probas que desminten a versión oficial israelí, entre outras:

•          Moitas das participantes da rave na fronteira con Gaza morreron por fogo cruzado con Hamás e polos ataques do exército israelí contra todo obxectivo en movemento.

•          No hospital Al Shifa non había reféns, nin túneles  nin bases terroristas, nin una proba de activade de Hamás no centro.

•          Os xornalistas asasinados e as súas familias foron obxectivo claro do exército israelí. Un castigo polo seu traballo e para eliminar testemuñas do xenocidio e crimes que están a perpetrar.


Do que si temos probas é dos crimes de guerra: dos ataques á  poboación civil indefensa, dos bombardeos a escolas mesmo da UNRWA, a  igrexas, convois humanitarios e centros sanitarios. O corte de electricidade e acceso a combustibles provocou a norte de pacientes nas UCI, bebés prematuros en incubadoras e pacientes que non se puideron evacuar.

Son máis de 100  concentracións  na Galiza desde o 9 de Outubro. Máis de 100 concentracións e o goberno galego mantense alleo a esta realidade. Estas convocatorias son grazas ao traballo de organizacións sindicais, organizacións estudantís, asociacións culturais e veciñais, partidos políticos, plataformas cidadás,  e movementos de solidariedade internacionalista. O traballo nas rúas e nas redes é intenso, polo que resulta aínda máis  alarmante o silencio de moitos medios.

Por todo isto, chamamos a aumentar esforzos na participación non só nas concentracións e manifestacións  deste luns, 20 de Novembro, en 29 localidades galegas en solidariedade coa Palestina. Chamamos tamén a aumentar a presión política, social, académica, económica, cultural e institucional para forzar accións políticas e sancións a Israel. Debemos parar este xenocidio e esixir un cese do fogo inmediato, mais tamén denunciar publicamente a complicidade de empresas galegas con Israel, promover accións sindicais como a denuncia en Navantia Ferrol e a que sindicatos presentarán este luns 20 ante o Congreso.

Chamamos a manter as redes de solidariedade, presións e accións para que cese o fogo. Israel non ten límites pero para o resto do mundo este xenocidio ten que ser una clara liña vermella.


Galiza con Palestina!

Paremos este xenocidio!

Liberdade para Palestina!

 Un saúdo solidario

--