Saltar ao contido principal

Nota AGDSP holocausto Gaza

 


manuel martin

9:37 (hace 7 horas)
para bcc: 

Nota de Prensa da Asociación Galega para a Defensa dá Sanidade Pública (AGDSP) ante a terrible situación que está a vivir a poboación Palestina da Franxa de Gaza. Dende a AGDSP queremos denunciar o seguinte:

1.- Resulta absolutamente inaceptable e intolerable, os bombardeos sistemáticos de poboación civil e que o Estado de Israel corte as subministracións de auga, luz, alimentos, medicina e enerxía á poboación gazatí.

2.- Esta situación supón un verdadeiro xenocidio, especialmente para a poboación infantil e enferma, que non teñen ningunha posibilidade de defenderse ou de escapar. Esta estratexia de asedio, propia da idade media, é incompatible cun mundo civilizado rexido polo dereito internacional e o respecto polos dereitos humans.

3.- Consideramos especialmente grave o ataque e bombardeo de centros sanitarios, hospitais e recursos asistenciais como ambulancias ou medicamentos, que atentan contra o dereito á saúde e a vida de miles de persoas inocentes.

4.- Estas actuacións inhumanas, contraveñen todas as convencións internacionais sobre dereitos humans e os tratados internacionais en vigor.

5.- Ningunha actuación terrorista, por sanguinaria que sexa, xustifica o castigo indiscriminado de poboación civil e menos aínda o terrorismo de estado.

6.- Denunciamos tamén a hipocresía e a asimetría da Unión Europea e doutros países que se recoñecen como democráticos, á hora de defender os dereitos de persoas e do Estado Palestino, cuxo dereito a existir esta plenamente recoñecido polas Nacións Unidas.

7.- Chamamos ao goberno galego, español e á Unión Europea a intervir urxentemente ante o goberno israelí, para que paralice a matanza de civís e poña en marcha corredores humanitarios que permitan que chegue á poboación de Gaza os recursos básicos, especialmente alimentos, medicamentos e recursos sanitarios, para evitar unha hecatombe social e sanitaria, incompatible coa nosa civilización.

Asociación Galega para a Defensa dá Sanidade Pública

image.png