PALESTINA
MANIFIESTO DE LA ASOCIACIÇON
m
Este 2023 queda na historia como o ano no que se perpetra un terrible xenocidio e
unha limpeza étnica do pobo palestino. A diario, as forzas asasinas de Israel
operan cun sadismo inhumano sen límites, e coa complicidade silenciosa de
Occidente, asistencia económica e militar de EEUU e quen goberna os países
árabes.
Ese xenocidio en marcha mata en media unha crianza cada dez minutos e tritura a
todos os seres vivos dos territorios ocupados. Non respecta nada: nin hospitais
nin escolas, nin sedes inoperantes da ONU, nin edificios civís, universidades,
campos de refuxiados, nin ambulancias con feridos. Este é un obxectivo das
forzas xenocidas de Israel para limpar aos seus incómodos e rebeldes habitantes
que se rebelan á ocupación sionista desde hai 75 anos. Para borrar os seus
crimes matan premeditadamente a xornalistas.
É tal o nivel de destrución, sistemático e planificado, a crueldade alcanzada para
matar palestinos e rebaixalos á condición de animais que se deben extinguir da
face da terra e o deleite asasino sen ocultar a súa felicidade ante a dor, a morte e
sufrimento palestino.
É tal o sadismo que os sionistas “alugan balcón“ para contemplar en vivo e en
directo, aplaudindo os bombardeos, que destrúen terras e habitantes de Palestina.
A Israel interésalle a terra e o gas de Gaza e para iso utiliza a súa lóxica asasina,
destruíndo todo o que atopa no seu camiño, para limpar a terra, roubarlla e
asentar alí aos colonos para que non quede rastro de que ese chan foi habitado
por pobo palestino desde tempos inmemorables. Din que o norte de Gaza está
máis lindo que nunca, como un xardín... Pero un xardín cemiterio onde se
enterran seres humanos cos edificios de aceiro e formigón que caen sobre eles.
Como cidadanía debemos esixir ao goberno un alto ao lume, que se pare xa o
xenocidio, que se retire ao embaixador de Israel, esixindo moi alto que leve ao
Tribunal Penal Internacional a Netanyahu e a toda a cúpula político-militar de
Israel. Países latinoamericanos como Bolivia, Chile, Colombia e Honduras
amosaron o seu rexeitamento rompendo relacións con Israel ante a agresiva e
desproporcionada ofensiva militar.
NON PERMITAMOS A MASACRE DO SIONISMO CONTRA O POBO
PALESTINO! BASTA XA!
--

______________________________ ______________________________ _________________