Saltar ao contido principal

MANIFIESTO ASOCIACIÓN CULTURAL FUCO BUXÁN

 


MANIFESTO 25N

Onte coñecíamos a nova dun novo asasinato. Judith, unha muller en situación de
prostitución, foi brutalmente asasinada en Vigo. Ante unha nova investudira dun goberno
progresista, as mesmas esixencias feministas; unha loita contra a violencia machista de
forma transversal desde o eido público. O Parlamento Europeo adoptou unha
declaración non vinculante sobre a prostitución e entende ésta como unha forma de
violencia de xénero. Neste sentido, Europa posiciónase como abolicionista e recomenda
seguir o modelo nórdico. Aínda que esta declaración non sexa vinculante, consideramos
que é un importante paso para visibilizar a violencia que perpetra a industria da
explotación sexual e garantir o recoñecemento ás vitimas do sistema prostitucional.
Hoxe non queremos esquecer a violencia explícita sobre a Palestina, onde a metade da
poboación son mulleres, onde a metade dos fogares foron destruidos polas bombas
israelíes, onde a maior parte da poboación tivo que fuxir dos seus fogares en búsqueda
de refuxio. Violencia ante que os representantes políticos actúan con pasividade e
inacción.
UNWOMEN informa que as mulleres de Gaza teñen vulnerabilidades únicas e urxentes,
tanto relacionadas co conflito como coa discriminación estrutural de xénero.
Concretamente, Gaza ten un índice de natalidade moi alto, polo tanto, un gran número
de mulleres están expostas a sufrir violencia obstétrica a raíz dos ataques contra os
hospitais ou polo corte de suministro eléctrico. En estas condicións, as crianzas tamén
están en risco.
Cada 25 de novembro saímos ás rúas en memoria das irmás Mirabal, vítimas mortais da
ditadura de Trujillo na República Dominicana. Cada ano reivindicamos o noso dereito de
vivir unha vida libre de violencias machistas; o dereito a expresar a nosa sexualidade, o
dereito aunha sanidade pública transversal, o dereito a cobrar o mesmo polo principicio
de igual salario por traballo de igual valor, o dereito a sair á rúa sen medo, o dereito a
un sistema educativo baseado na coeducación.
Esiximos ás representacións políticas compromisos firmes para protexer e dotar de
dereitos ás mulleres atrapadas no sistema prostitucional e que o corpo e a vontade de
ningunha muller sexa comprada ou vendida. Así como políticas baseadas na teoría
feminista.
Esiximos aos gobernos un alto ao lume que poña fin ao xenocidio, que se tomen
medidas contra o embaixador de Israel, que leve ao Tribunal Penal Internacional a
Netanyahu e a toda a cúpula político-militar de Israel.
Estades convocadas para o 25N na Praza da Himno Galego ás 19:00 horas, onde
estarán as compañeiras da Marcha Mundial das Mulleres para organizarnos contra
as violencias machistas.