Saltar ao contido principal

INFORMACIÓN SOS SANIDADE PÚBLICA

 




manuel martin

9:29 (hace 7 horas)
para bcc: 

Información Plataforma SOS Sanidade Pública 2 de novembro do 2024

Saúdos

Manuel Martín, 

image.png

Os orzamentos de 2024, ao descuberto: o investimento en Atención Primaria será 327 millóns inferior ao de 2009. O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, explicou esta terza feira no Parlamento galego as contas do seu departamento. As mesmas sitúanse na liña dos exercicios anteriores, onde a sanidade pública da Galiza ficou á cola do Estado en investimento por habitante.

https://www.nosdiario.gal/articulo/politica/investimento-atencion-primaria-2024-sera-327-millons-inferior-2009/20231101075633181169.html

Mentres os orzamentos da Consellaría de Sanidade para 2024, unha vez descontada a inflación, son inferiores en 70,4 millóns de euros aos do 2023aumenta a partida a pagar capeláns nos hospitais públicos galegos até os 770.000 euros.

https://www.nosdiario.gal/articulo/social/sanidade-aumenta-gasto-capelans-hospitais-publicos-ate-770000-euros/20231101172541181203.html

O gasto en concertos sanitarios coa privada aumentará no vindeiro ano ata os 227 millóns de euros (13,7 millóns mais)

https://www.farodevigo.es/galicia/2023/10/31/gasto-conciertos-sanitarios-aumentara-proximo-ano-94015801.html

Onovo concerto con POVISA demostra o compadreo da Xunta coa sanidade privada para mantela a boia : O SERGAS pactou unha mellora millonaria do contrato, incrementou a tarifa por paciente aproveitando unha prórroga do concerto, hai dous meses aínda que nunca informou diso. Segundo un cálculo do propio Sergas, ese pacto pode supoñer unha mellora de até sete millóns de euros ao ano para o hospital. A xestión privada deste centro levoulle ao afogo financeiro que o SERGAS pretende solucionar dándolle máis diñeiro. Este centro privado ten menos recursos e oferta unha peor calidade a boa parte da poboación da Área de Vigo

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2023/10/31/sergas-pacta-povisa-mejora-millonaria-contrato/0003_202310V31C1991.htm

Onte domingo 29 de outubro de 2023 integrantes da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Condado e a Paradanta mostraron o seu reixetamento da situación da Sanidade Pública

https://fb.watch/n-WPxnSBSL/

Dununcia Centro de Saude de Naron, os análise de sangue, tardan 14 días.