Saltar ao contido principal

Información Plataforma SOS Sanidade Galicia

  Nova información sobre a situacion da Sanidade Pública Gaelega

Saudos
Manuel Martin. Voceiro  



A Confederación Estatal de Sindicatos Médicos (CESM) en Galicia acusou ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) de "blanquear" e "manipular" as listas de agarda cirúrxica ao non publicar as non estruturais. Tamén hai uns días transcendía que a Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS presentara un recurso ante un Xulgado do Contencioso-Administrativo para que o Sergas publique toda a información sobre as listas de espera, estruturais e non estruturais, despois de solicitala pola Comisión de Transparencia de Galicia.

https://www.galiciaconfidencial.com/noticia/247162-rueda-acusa-oposicion-dar-imaxe-lamentable-sergas-funciona

Novo colapso no Hospital de Santiago (CHUS): Alo menos unha ducia de pacientes nos corredores de urxencias en padiolas e outros en cadeiras de rodas, cos seus respectivos acompañantes, que tiñan que agardar durante horas nos corredores de urxencias por estar saturado o espazo reservado para eles. Os os técnicos das ambulancias que chegaban atopábanse con problemas para poder deixar aos pacientes novos. Deste xeito, apenas quedaba un oco ao lado dos enfermos para que os médicos puidesen pasar

https://www.galiciaconfidencial.com/noticia/247159-novo-colapso-alo-ducia-pacientes-corredores-urxencias-chus

O Colegio de Médicos de Ourense denunciou que a reforma da Atención Primaria non pode esperar mais. Os cambios tecnolóxicos, sociais, de poboación, distribución xeográfica, etc., fan que non podamos manexarnos con un sistema organizativo de fai trinta o cuarenta anos

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2023/11/22/colegio-medicos-ourense-reforma-atencion-primaria-puede-esperar-/0003_202311O22C2993.htm