Filla dun mestre represalidado polo franquismo, foi discípula de Carlos Maside e participou en ducias de exposicións
02 nov 2023 . Actualizado a las 11:33 h.Apintora Aurora Pereira Carballo, máis coñecida como Aurichu Pereira, finou este mércores en Santiago, onde nacera hai 83 anos. Foi discípula artística de Carlos Maside e Luís Seoane. Dende os anos oitenta era muller de Xosé Manuel Beiras, histórica figura do nacionalismo galego, ao que sempre acompañou desde un discreto segundo plano. Ela mesma foi militante da esquerda antifranquista galega nos anos nos que comezou a destacar como pintora e militou no BNG ata o 2011. Faleceu tras unha longa enfermidade que se agravou nos últimos meses. Levaba xa varios anos afastada da primeira liña creativa.
Nada un 15 de xaneiro de 1940, Aurichu Pereira era filla dun mestre republicán de Vedra represaliado polo franquismo, Xesús Pereira, a quen Beiras lle adica un capítulo no seu libro de retratos. Desenvolveu unha carreira de pintora, influenciada polo artista Carlos Maside, tarefa á que lle adicaba tempo na súa residencia de Brión, en A Reboraina, onde vivía co político e profesor, a súa parella dende que se divorciara do seu primeiro marido, o poeta Salvador García Bodaño, con quen tivo catro fillos.