| jue, 16 nov, 19:16 (hace 20 horas) | |||
Temos o gusto de ofrecer a vindeira actividade programada dentro do ciclo "Xuntanzas naturalistas" que conta co patrocinio da Deputación da Coruña.
Nesta ocasión, teremos entre nós á bióloga Catuxa Varela Dopico, investigadora da USC no Grupo COPEMOL para a Conservación de peixes e moluscos.
A súa conferencia versará sobre o mexillón de río en Galicia, onde dará a coñecer a súa bioloxía e ecoloxía, así como os estudos e proxectos de rexeneración e a súa problemática ambiental.A actividade, organizada pola Delegación de Ferrol e patrocinada pola Deputación da Coruña, terá lugar o vindeiro venres día 17 de novembro ás 19:30, no salón de actos do Museo de Historia Natural en Canido.
Unha vez máis, contamos coa túa participación e lembra que aínda que a actividade é libre, o aforo é limitado.
Recibe un saúdo otoñal dende a Delegación de Ferrol da SGHN.SOCIEDADE GALEGA DE HISTORIA NATURAL
Dende 1973 estudando, divulgando e defendendo o medio natural galego
Delegación de Ferrol
Praza de Canido, s/n; 15401 Ferrol (A CORUÑA)
Teléfonos: 881931315 – 698141384
ferrol@sghn.org Web: www.sghn.org