Saltar ao contido principal

Concentracións luns 6.11.23

 Concentracións luns 6.11.23


Recibidos

Galiza por Palestina galizaxpalestina@gmail.com

Adjuntos19:38 (hace 1 minuto)
para Galiza, bcc: 
Prezadas compañeiras e compañeiros:

Este luns 6 de Novembro continúan as convocatorias de concentracións en solidariedade con Palestina. O exemplo de activismo e solidariedade internacionalista na Galiza non ten igual, son xa máis de 40 concentracións nestas casi catro semanas e desta vez son 24 as vilas e cidades galegas que saen á rúa para exixir ao goberno español e á Unión Europea unha implicación real e decisións firmes para parar o exterminio do pobo palestino.

Desde A Asociación Galaico Árabe Jenin, BDS Galiza, Mar de Lumes e Galiza por Palestina seguiremos a informar de máis actividades e accións de apoio á causa palestina.

Acudide á convocatoria máis próxima e difundide o cartaz coas localidades, lugar e hora. En todas as localidades ás 20 h., excepto Noia e Silleda onde será ás 20.30.
Non faltedes!!

Galiza con Palestina! Paremos o Xenocidio!

Pregamos difusión.

Un saúdo solidario

--

Un archivo adjunto• Analizado por Gmail