¡TODOS SOMOS
PALESTINA!
Este 2023 queda na historia como o ano no que se perpetra un terrible
xenocidio e unha limpeza étnica do pobo palestino. A diario, as forzas
asasinas de Israel operan cun sadismo inhumano sen límites, e coa
complicidade silenciosa de Occidente, asistencia económica e militar de
EEUU e quen goberna os países árabes.
Ese xenocidio en marcha mata en media unha crianza cada dez minutos e
tritura a todos os seres vivos dos territorios ocupados. Non respecta nada:
nin hospitais nin escolas, nin sedes inoperantes da ONU, nin edificios civís,
universidades, campos de refuxiados, nin ambulancias con feridos. Este é
un obxectivo das forzas xenocidas de Israel para limpar aos seus incómodos
e rebeldes habitantes que se rebelan á ocupación sionista desde hai 75
anos. Para borrar os seus crimes matan premeditadamente a xornalistas.
É tal o nivel de destrución, sistemático e planificado, a crueldade alcanzada
para matar palestinos e rebaixalos á condición de animais que se deben
extinguir da face da terra e o deleite asasino sen ocultar a súa felicidade ante a dor, a morte e sufrimento palestino.
É tal o sadismo que os sionistas “alugan balcón“ para contemplar en vivo e
en directo, aplaudindo os bombardeos, que destrúen terras e habitantes
de Palestina.
A Israel interésalle a terra e o gas de Gaza e para iso utiliza a súa lóxica
asasina, destruíndo todo o que atopa no seu camiño, para limpar a terra,
roubarlla e asentar alí aos colonos para que non quede rastro de que ese
chan foi habitado por pobo palestino desde tempos inmemorables. Din que o
norte de Gaza está máis lindo que nunca, como un xardín… Pero un xardín
cemiterio onde se enterran seres humanos cos edificios de aceiro e
formigón que caen sobre eles.
Como cidadanía debemos esixir ao goberno un alto ao lume, que se pare xa
o xenocidio, que se retire ao embaixador de Israel, esixindo moi alto que
leve ao Tribunal Penal Internacional a Netanyahu e a toda a cúpula político-
militar de Israel. Países latinoamericanos como Bolivia, Chile, Colombia e
Honduras amosaron o seu rexeitamento rompendo relacións con Israel ante a agresiva e desproporcionada ofensiva militar.
NON PERMITAMOS A MASACRE DO SIONISMO CONTRA O POBO
PALESTINO! BASTA XA !!!