Saltar ao contido principal

COA PRESENZA DE SUA DIRECTORA MANANAE RODRÍGUEZ

 





 A asociación cultural Fuco Buxán convídate ao seu próximo acto: DUPLEX CON...FUCO BUXÁN: VISUALIZACIÓN DO FILME “ONDE MÁIS DOE”, coa presenza da súa diretora, a xornalista Manane Rodríguez. O acto terá lugar o vindeiro luns 20 de novembro de 2023 ás 20:00h no Cinema Duplex.


Manane Rodríguez naceu en Uruguai en 1955, e aos vinte anos de idade tivo que exiliarse en Buenos Aires, onde estivo ata finais do 76. Logo do golpe de estado en Arxentina, debeu partir novamente, esta vez con destino a España, onde reside desde entón. Sufriu na súa propia familia a desaparición, a estancia en centros clandestinos de detención e o secuestro que caracterizou ás ditaduras existentes entón no seu país e Arxentina. En España, comezou a traballar como guionista e logo directora de cinema e televisión.

En 1992 filmou un curto, titulado Golpe a Golpe, que describía as vivencias madrileñas de dous exiliados, un uruguaio e o outro arxentino. O seu primeiro longo, Retrato de muller con home ao fondo (con actuación de Margarita  Musto e música de Jorge Drexler) obtivo o premio  Calabuch á Mellor Ópera Prima, en 1997.

Os pasos perdidos (2001), a súa segunda longametraxe, é unha historia ficcionada moi próxima a un feito real, inspirada libremente na loita do poeta arxentino Juan Gelman, que buscou ata dar co paradoiro da súa neta, nacida nunha prisión clandestina, e que vivía con identidade falsa e avós tamén falsos nun pobo do interior de Uruguai. A película conta coas actuacións dos arxentinos Federico Luppi e Luís Brandoni e as españolas Concha Velazco e Irene Visedo.

Este acto encádrase no mes de novembro i, en torno ao día internacional contra a violencia de xénero, porque ‘Onde máis doe’ é unha película que nos permite analizar e concienciar sobre a violencia machista e, neste caso, concretamente sobre a violencia vicaria; sendo esta aquela que exercen os pais sobre as crianzas para danar ás mulleres.

Agardamos a vosa presenza!