Saltar ao contido principal

ACTA SOS SANIDADE 8 DE NOVEMBRO




Acta SOS sanidade 8 novembro

José María Dios Diz

vie, 10 nov, 11:11 (hace 1 día)
para bcc: 

RESUMO DO ACTA DA XUNTANZA DA PLATAFORMA SOS SANIDADE PÚBLICA DE GALICIA do 8 de Novembro do 2023:

ASISTENTES: Voceiro da Plataforma Nacional, voceiros/as das Plataformas de: Pontevedra, Vigo, Compostela, A Coruña, A Mariña, O Seixo, Val Miñor, Sanxenxo, Barbanza, Ferrolterra, O Salnés, A Voz da Sanidade de Cangas. Colectivo APORTODAS, ACE (Epilépticos/as), COPG (Psicólogos/as). CIG. BNG, PSdeG, Marea Atlántica. Isa.

Excusan: CCOO. UGADE. Paulino Campos (REDER). Manuel Moreira.

ACORDOS:

1º.- Valoróuse que a situación de deterioración do Sistema Sanitario Público Galego é moi similar á do ano pasado, aínda que a diminución das mobilizacións de protesta permitiu á Consellaría de Sanidade “presumir” de realizar melloras importantes... Esta situación, supón o risco de que a poboación e o persoal sanitario, acepten resignadamente o desmantelamento da Atención Primaria (que continua con graves problemas de accesibilidade e masificación), as enormes listas de agarda hospitalaria (para as que o SERGAS non adopta medidas urxentes para reducilas) e a marxinación da poboación con problemas de Saúde Mental, Dependencia e nas Residencias de Maiores. Unha parte da cidadanía xa está recorrendo ao aseguramento privado que poderíamos caracterizar de lixo por non responder ás demandas de saúde e que os problemas importantes os derívan á Sanidade Pública.

2º.- Sinaláronse como prioritarios a situación da Atención Primaria, a Saúde Mental, as listas de agarda hospitalarias, o avance da privatización asistencial, a dependencia, e a deterioración laboral do persoal do sistema.

3º.- Iniciar un proceso de información e debate sobre a situación sanitaria, tanto coa poboación, como co persoal, para o que se elaborará un documento que inclúa as 15 medidas acordadas polas Plataformas (para as que nos damos 15 días para elaborar o texto definitivo; mandade as achegas pertinentes canto antes). Este documento será presentado como “Moción” ns Concellos, Diputacións e Parlamento-

4º.- Promover e apoiar novas mobilizacións das Plataformas, a nivel de toda Galicia, en alianza co persoal sanitario, como paso previo a unha gran Mobilización Xeral . As organizacions teñen 15 dias para propoñer a data desta,  depois convocaremos unha nova xuntanza para organizala.

Manuel Martín, voceiro da Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia.

910de novembro do 2023

image.png