Saltar ao contido principal

NOTA DE PRENSA EN ORTEGAL....Proxectos eolícos

. Comparto a nota de prensa de Ortegal di non á raíz da reunión mantida pola plataforma con varios alcaldes da comarca, por se fose do voso interese. Fixo referencia a ela Ricardo na última xuntanza, na que se acordou a súa distribución.


             Pola vaga de proxectos eólicos que están proxectados nas nosas comarcas de Ferrolterra, Ortegal, Eume e

Terra Cha, dende as plataformas cidadás Ortegal di Non, Cerdido di Non e Afectados por eólicos de

Vilaboa, convocamos unha reunión o pasado mércores 18 de outubro en Ortigueira, na que participaron os

alcaldes dos concellos de Moeche, San Sadurniño, Cerdido, Ortigueira e Mañón e desculpou a sua

ausencia o alcalde de Cedeira.

Nesta xuntanza puxemos enriba da mesa as inquedanzas sobor destes proxectos e propuxemos uns puntos

en común para favorecer os intereses de toda a veciñanza afectada marcando unha folla de ruta na que

traballaremos en conxunto para conseguir que a nosa voz sexa máis forte e garantir os dereitos de todos os

veciños e veciñas das nosas comarcas.

Nin plataformas nin entidades locais estamos en contra da transición enerxética, pero si da forma abusiva

en que se queren impoñer estes proxectos que non están deseñados para o ben da nosa sociedade, se non

so para o beneficio duns poucos.

As plataformas convocadoras queremos dar as grazas por este esforzo de acudir á reunión e resaltamos o

bo ambiente e compromiso dos asistentes para seguir traballando nesta liña.