Información SOS Sanidade Pública Galicia
| 11:24 (hace 5 horas) | |||
Comunicado urxente de REDE (Federación Galega de Asociación de Familiares e Usuarias das Residencias e da Dependencia)
Grave situación en Galicia contra a liberdade de expresión e a transparencia A Conselleira de Política Social ordena unha caza de bruxas contra dos inspectores que denunciaron corrupción de altos cargos do departamento. Ábreselles expediente e son chamados a declarar
https://twitter.com/
A Xunta abre expediente sancionador ao minguado corpo de inspectoras e inspectores de residencias que a principios de agosto denunciaran que altos cargos da consellería de Política Social en Galicia boicoteaban o seu traballo investigador ao anunciar ás direccións de empresas xestoras de xeriátricos os días concretos nos que os seus centros serían visitados polos servizos de inspección... Desde agosto, as inspectoras e inspectores, sentíronse recurrentemente coaccionados polos mandos e altos cargos do departamento de inspección e da propia consellería... ata que na pasada semana recibiron a notificación de apertura de expediente sancionador... e nestes días desta mesma semana están a ser chamados a declarar individualmente... A mesma conselleira de Política Social, a polémica Fabiola García, nomeada por Núñez Feijóo en 2018, ameazara no Parlamento ás inspectoras e inspectores ao advertirlles que as súas denuncias "terían consecuencias"... consecuencias para os inspectores e inspectoras denunciantes, claro... consecuencias por tanto para a transparencia, a liberdade de expresión e a calidade da democracia
Novo colapso nas urxencias do Chus de Santiago: case 500 persoas e padiolas polos corredores
A Plataforma Cerdedo pola Sanidade Pública lamenta que a xerencia no ofreza solución as carencias de atención pediátrica. Temos que seguir reclamando o noso dereito á saúde. Todo son promesas no aire. As familias con nenos e nenas deberían presentar reclamación por escrito no noso Centro de Saúde e máis adiante facer unha concentración, se seguimos igual.
Onte houbo unha emerxencia en Quireza e, como non había taxi para levar ao médico, tivo que vir o enfermo na ambulancia a Cerdedo e de aí a Urxencias de Montecelo, perdendo tempo e poñendo en perigo a vida desa persoa. A situación do taxi non está nada ben e precisamos con urxencia unha ambulancia medicalizada, se non queremos morrer polo camiño.
Unha asamblea en Rande analizara as consecuencias da privatización da sanidade galega. La Asamblea Pola Sanidade Pública de Redondela organiza un acto este domingo no Museo Meirande na que se proxectará a película documental “Sicko”, de Michael Moore, centrada nos efectos da xestion privada dol sistema sanitario en Estados Unidos. O acto comenzará as 17:00 horas e as 19 habera un debate e despois chourizada ludica.