Convocatoria conxunta de concentracións
|
Prezadas compañeiras e prezados compañeiros:
Desde a Asociación Galiza por Palestina expresamos a nosa repulsa ante os terribles ataques en Gaza e nos territorios ocupados, nunha situación que prevese máis grave ante os ataques tamén na Cisxordania.
Denunciamos a hipocrisía e covardía da comunidade internacional e a complicidade dos gobernos que só denuncian a acción dunha das partes implicadas. Denunciamos o silencio ante tantos anos de ataques, ocupación e ataque sistemático aos DDH en Palestina. Denunciamos os delitos de lesa humanidade e o Xenocidio anunciado e perpetrado polo goberno sionista de Israel e defendemos o dereito á resistencia do pobo palestino.
Citando o comunicado das pasadas concentracións, este é un chamamento por una paz que teña en conta décadas de sufrimento, ataques sionistas e atentados tanto contra a lexislación internacional como contra os Dereitos Humanos. Este é un chamamento pola xustiza que actúe contra os crimes da ocupación sionista e devolva as terras roubadas. Esiximos o dereito ao retorno da diáspora palestina e que a Comunidade Internacional garanta os dereitos políticos e sociais da poboación palestina para poder establecer as bases dunha solución política.
Por todo isto, as Asociación galegas de solidariedade internacionalista Asociación Galaico- árabe Jenin, BDS- Galiza, Mar de Lumes e Galiza por Palestina facemos unha chamada conxunta á mobilización da sociedade galega o vindeiro luns 16 de Outubro ás 20h nas seguintes cidades e vilas galegas:
- A Coruña - Obelisco.
- Compostela – Praza do Toural
- Ferrol – Praza do Concello
- Lugo – Praza Maior (diante do Concello)
- Ourense – Rúa Paseo (Subdelegación de Defensa)
- Pontevedra – Praza da Peregrina
- Vigo – Farola de Urzaiz
Pregamos asistencia e difusión
Paz e liberdade para Palestina!
Para máis información
Angela Gippini Pose - 654346081
Xoan Gabeiras Vérez - 650964062
facebook/galizaporpalestina
X: @galizapalestina
Desde a Asociación Galiza por Palestina expresamos a nosa repulsa
ante os terribles ataques en Gaza e nos territorios ocupados, nunha
situación que prevese máis grave ante os ataques tamén na Cisxordania.
Denunciamos a hipocrisía e covardía da comunidade internacional e a
complicidade dos gobernos que só denuncian a acción dunha das
partes implicadas. Denunciamos o silencio ante tantos anos de ataques, ocupación e ataque
sistemático aos DDH en Palestina. Denunciamos os delitos de lesa humanidade e o Xenocidio
anunciado e perpetrado polo goberno sionista de Israel e defendemos o dereito á resistencia
do pobo palestino.
Citando o comunicado das pasadas concentracións, este é un chamamento por una paz que
teña en conta décadas de sufrimento, ataques sionistas e atentados tanto contra a
lexislación internacional como contra os Dereitos Humanos. Este é un chamamento pola
xustiza que actúe contra os crimes da ocupación sionista e devolva as terras roubadas.
Esiximos o dereito ao retorno da diáspora palestina e que a Comunidade Internacional
garanta os dereitos políticos e sociais da poboación palestina para poder establecer as bases
dunha solución política.
Por todo isto, as Asociación galegas de solidariedade internacionalista Asociación Galaico-
árabe Jenin, BDS- Galiza, Mar de Lumes e Galiza por Palestina facemos unha chamada
conxunta á mobilización da sociedade galega o vindeiro luns 16 de Outubro ás 20h nas
seguintes cidades e vilas galegas:
A Coruña - Obelisco.
Compostela – Praza do Toural
Ferrol – Praza do Concello
Lugo – Praza Maior (diante do Concello)
Ourense – Rúa Paseo (Subdelegación de Defensa)
Pontevedra – Praza da Peregrina
Vigo – Farola de Urzaiz
Pregamos asistencia e difusión
Paz e liberdade para Palestina!