Saltar ao contido principal

CEDEIRA 14 DE OUTUBRO

 


Saúdos a todas as persoas e colectivos que formades parte da Coordinadora Eólica Así Non. Agardo que esteades ben.

Tras os meses estivais nos que non tivemos reunións nin novas convocatorias de xuntanza no seo da Coordinadora, nos cales boa parte dos colectivos membro focalizamos os nosos esforzos na acción xurídica, desde ADEGA consideramos que é necesario recuperar o contacto con todos os colectivos de Eólica Así Non coa finalidade de medir as forzas actuais e facer propostas de cara a manter activa a denuncia pública colectiva encauzada a través deste movemento social plural.

Tamén consideramos necesario reaccionar desde a Coordinadora Eólica Así Non ao ataque público agresivo e continuado da confederación de empresarios, da patronal eólica e agora tamén, e lamentablemente, dos sindicatos UXT e CCOO, contra a nosa causa e contra as sentenzas dos tribunais que a fan valer, coa única intención de confundir á opinión pública e xustificar en argumentos falaces un modelo abusivo, insustentábel e ilegal de implantación das enerxías renovables.

Coa finalidade de abordar estas cuestións, propoñemos aos colectivos da Coordinadora Eólica Así Non a celebración dunha nova xuntanza telemática, o martes 17 de outubro, ás 19:30 horas, na seguinte ligazón: 

https://us02web.zoom.us/j/89809702842?pwd=YS8yamZLbGZKQXp2ZDYrQXhqTk0rdz09 

ID de reunión: 898 0970 2842
Código de acceso: 041565

Agradécese a vosa resposta e, no posible, confirmación de asistencia.