Saltar ao contido principal

Acta da reunión da Coordinadora Eólica

 [eolicaasinon] Acta da reunión da Coordinadora Eólica Así Non celebrada o pasado 17 de outubro e nova convocatoria

Recibidos

ADEGA-Organizacion organizacion@adega.gal a través de lists.riseup.net 

Adjuntos13:40 (hace 2 horas)
para Eolicaasinon

Saúdos, pola presente achegamos a acta da última xuntanza da Coordinadora Eólica Así Non, celebrada o pasado 17 de outubro, en formato telemático.

Con este econtro telemático retómanse as xuntanzas da Coordinadora Eólica Así Non tras o período estival e catro meses de concentración dos esforzos na loita xurídica.

A modo de resumo da acta da xuntanza que nos pasa Maite de AdT, indícanse os seguinte acordos:

-Unanimidade na necesidade de retomar a acción mobilizadora por parte da Coordinadora Eólica Así Non.

-Necesidade de  que os colectivos membros compartan pola lista de Eólica Así Non todas as iniciativas locais que teñan a ver coa causa (tamaño máx mail 300kb).

-Retomar a idea de accións centralizadas e descentralizadas (p.ex. Día das Montañas, 11 decembro, para o cal xa se están organizando accións).

-As accións deben responder á contraofensiva que está facendo o clúster patronal eólica + sindicatos e debe chamar a atención dos medios de comunicación. Que teñan maior impacto visual.

-Retomar a folla de ruta da divulgación das Xornadas "Temos alternativa" (decálogo e vídeos).

-Disposición dun remanente económico de 3.600 euros.

Así mesmo, acórdase convocar unha nova xuntanza da Coordinadora Eólica Así Non para o vindeiro martes, 24 de outubro, ás 19:30 horas, vía telemática,  para irmos concretando as novas accións mobilizadoras, tras consultalo internamente nas nosas organizacións.

Acceso á próxima reunión en:

https://us02web.zoom.us/j/85335708862?pwd=Y2xmMGQ4bDJjRzRPc21UaUROZFhsdz09 

ID de reunión: 853 3570 8862
Código de acceso: 510687

Aperta. Belén

EÓLICA ASÍ NON