| 10:38 (hace 4 horas) | |||
O sábado 30 de setembro ás 18:30 horas, no campo de A Pedreira do Galicia de Mugardos imos falar de fútbol moi en serio, da man dun periodista de primeira liña:
Asoc.Cult. Apelón Educación
Presentación do libro "INVASIÓN DE CAMPO" de Alejandro Requeijo.
Un manifesto contra o fútbol como negocio e en defensa do afeccionado.
Este libro é unha alegación en defensa da identidade das bancadas. É un manifesto contra a homoxeneización que impoñen as televisións e o mercado. Non, o teu equipo non é unha marca global nin un produto de luxo. O fútbol é un patrimonio cultural, social, familiar, incluso estético. Representa un legado a protexer fronte a un modelo que expulsa ao seareiro e cuestiona o seu sacro vínculo de pertenza.
Alejandro Requeijo -xornalista de longa traxectoria e partícipe de investigacións sobre a xestión de Luís Rubiales á fronte da Real Federación Española de Fútbol ou a difusión dos audios de Florentino Perez- fai desta obra unha verdadeira declaración de principios sobre o que é a paixón polo fútbol e sinala aos culpables de contaminar o deporte máis fermoso do mundo.

AGARDÁMOSVOS!
Pregamos difusión, grazas.
Unha aperta,
Rúa Fene, 5
15620 - Mugardos