Saltar ao contido principal

SOS SANIDADE PÚBLICA

 

📢 DE MAL EN PEOR ✂️ A XUNTA DEIXOU ONTE O CENTRO DE SAÚDE DE MARÍN SEN MÉDIC@S NA QUENDA DE TARDE, SÓ MANDOU UN PARCHE UNHAS HORAS DENDE SEIXO 😱 INFORMACIÓN, AQUÍ 👇🏽

❌ Chéganos denuncia de que onte, no Centro de Saúde de Marín non houbo ningún facultativo na quenda de tarde. 

✂️ A Xerencia decidiu parchear a falta de persoal, enviando para Marín o médico de Seixo (que remata a súa xornada ás 3 da tarde) cunha prolongación da xornada para as primeiras horas da tarde. Ás 18:00h, hora da denuncia, xa non había ningún facultativ@ na quenda de tarde ordinaria en Marín. 

ℹ️ Lembramos que o Centro de Saúde de Marín ten médic@s de mañá e de tarde. Na quenda ordinaria de tarde debera haber 3⃣ facultativ@s. Ao non haber ningún, a eses pacientes só lles quedou ir ás urxencias do PAC a ver se eran atendid@s 😵

🆘 A situación aínda sería máis grave se conseguisen pechar o Centro de Saúde de Seixo, porque habería máis pacientes acumulad@s en Marín con estes problemas. 

🏥 Recordamos que as urxencias do PAC funcionan das 15h ás 8 da mañán do día seguinte pero, neste momento, só hai 1 médic@ cando debera haber 2 pola poboación que ten Marín (24.000 hab) máxime durante as festas de San Miguel que hai un incremento de poboación. 

🤔 Unha vez máis, preguntámonos: onde está a Alcaldesa de Marín e o seu equipo❓No centro de saúde non hai fotos nin festa, normal que non estean... pero ben podían poñerse do lado da veciñanza dunha vez e presionar á Xunta. 

👩🏼‍⚕SEN PERSOAL non hai atención sanitaria digna e iso ten consecuencias na nosa saúde, na de familiares e veciñ@s. Levamos tempo denunciando os recortes e ímolo seguir facendo porque 𝗖𝗢𝗔 𝗡𝗢𝗦𝗔 𝗦𝗔𝗨́𝗗𝗘 𝗡𝗢𝗡 𝗦𝗘 𝗫𝗢𝗚𝗔 💪🏽

🔄 Coma sempre, dalle a gústame 👍🏽 e comparte, para que chegue a máis xente!

https://www.facebook.com/100071180919855/posts/pfbid02bLTQYg8k7Tn6MFZBb7MA7MjRXu5es279XBMSGKAo97b1ZVs8D