Saltar ao contido principal

PRIVATIZACIÓN DA SANIDADE PÚBLICA

 



🤔 NON SABES COMO VAN PRIVATIZANDO A SANIDADE PÚBLICA❓AQUÍ UN EXEMPLO CUNHA PROBA DIAGNÓSTICA MOI HABITUAL 😤😤

❌ Chegounos denuncia dunha familia de Marín porque, no hospital Montecelo, na consulta do especialista, derivan ao paciente á sanidade privada para facer unha proba diagnóstica 😱

🦵🦶Unha densitometría ósea é un tipo de radiografía de dose baixa que mide o calcio e outros minerais nos ósos e iso indica a súa forza e densidade. Esta proba é moi habitual para: 
🔸Diagnosticar osteopenia (baixa masa ósea)
🔸Diagnosticar osteoporose
🔸Predecir futuras fracturas
🔸Ver se o tratamento da osteoporose está a dar resultado

🤬 A este paciente indicáronlle na consulta en Montecelo que esta proba tiña que facela no hospital privado Quirón Domínguez de Pontevedra e que o resultado aparecería no seu historial da pública 🤯 Despois de dicirlles que non quería ir ao hospital privado, indicáronlle que non había alternativa porque na ÁREA DE PONTEVEDRA NON HAI NINGÚN CENTRO PÚBLICO que poida realizar esta proba e estanse a derivar os pacientes da pública ao Quirón 💸💸💸 Esta proba custa entre 80 -100€. Aínda que non sabemos o que lle cobra o Quirón ao SERGAS, multiplicade pola cantidade de pacientes do SERGAS que precisan facela... un roubo planificado!💰💰 

👩🏼‍⚕👨🏽‍⚕ A política da Xunta baséase en recortes e privatizacións, e isto 💢 NON DOTA DE MÁIS CAPACIDADE E MEDIOS 💢 á sanidade pública para atender @s pacientes. En consecuencia, acaban por manter cos cartos de tod@s ás empresas privadas... uns cartos que poderían servir para mellorar a sanidade pública pero que engordan a quen tenta facer o máximo negocio coa nosa saúde. 

🦊🦊 O raposo a coidar das galiñas! Na Xunta tentan que recorramos cada vez máis á sanidade privada, xa sexa porque a pública está saturada ou porque á pública non se lle dota de recursos para facer determinadas probas... e nós seguimos a denuncialo. Grazas a quen nolo contades para seguir a erguer a voz de tod@s porque nos pode pasar a calquera. 𝗖𝗢𝗔 𝗡𝗢𝗦𝗔 𝗦𝗔𝗨́𝗗𝗘 𝗡𝗢𝗡 𝗦𝗘 𝗫𝗢𝗚𝗔 💪🏽

🔄 Coma sempre, dalle a gústame 👍🏽 e comparte, para que chegue a máis xente! 

https://m.facebook.com/story.php?story_fbid=pfbid0MkPZJSzV9tfTp6KG2c5BtrbfkXc85dxpVc4CXRgdxEbT9XiXtXXUo2z7EWukwDWql&id=100071180919855