Saltar ao contido principal

“El traje”, de Javier Gutiérrez, abre a programación cultural do outono

 


 

Javier Gutiérrez, Los Secretos ou Carlos Núñez son tres dos nomes propios que forman parte da programación cultural do Concello de Ferrol ata finais de ano. O edil de Cultura, José Antonio Ponte Far, presentou onte unha proposta que, asegurou, “xa estaba máis ou menos articulada por Eulen cando chegamos ao goberno” e que, con algúns retoques, permitirá ofrecer á cidadanía un cartel “variado e diverso”, tendo en conta, recoñeceu, a dificultade de “contentar a todo o mundo”. Ponte incidiu en que “como dixo un experimentado programador do concello veciño, o segredo está na mestura, e con ese espírito e nesa liña traballamos”. 


Abrirá o outono cultural da cidade a estrea de “El traje”, coprotagonizada polo ferrolán Javier Gutiérrez. Neste caso haberá dúas representacións, o venres e mais o sábado da semana que vén (días 22 e 23).

PUBLICIDAD