: Entrega de sinaturas o xoves 21 de setembro, ás 10 da mañá, na Delegación da Xunta de Galicia e
Ferrol, na Praza Amada Garcia
: Dende a comunidade educativa do CEIP San Xoán de Filgueira solicitamos o voso apoio.
NON Á SUPRESIÓN, O FUTURO COMEZA NESTAS AULAS
Ante a falta de solucións por parte da administración educativa tras suprimir unha unidade en primaria,
con todas as consecuencias que esta decisión supón para o noso centro, dende a comunidade educativa
do San Xoán decidimos continuar coas diferentes accións para amosar o noso rexeitamento e solicitar a
súa revogación.
Iniciamos, pois, unha RECOLLIDA DE SINATURAS que entregaremos na Xunta (Praza Amada
García) o vindeiro XOVES 21 ÁS 10.00h.; faremos unha ANDAINA reivindicativa para facer a
entrega por rexistro de ditas sinaturas con saída ás 9.00h. do colexio.
IMPORTANTE!!! Precisamos de todo o voso apoio: podedes asinar no propio centro, nos diferentes
establecementos do barrio que están a colaborar con nós, acompañarnos neste traslado a pé e
arrouparnos no momento da entrega no rexistro do edificio administrativo.
Precisamos de todas para defender a calidade do ENSINO PÚBLICO!
A comunidade educativa do CEIP San Xoán de Filgueira
|||||||