Saltar ao contido principal

Andar dos camiños polos 100 anos do Seminario de Estudos Galegos

 




                  

Asoc. O Sorriso de Daniel osorrisodedaniel@gmail.com

13:30 (hace 4 horas)

O vindeiro 12 de outubro fanse 100 anos da creación do Seminario de Estudos Galegos. 

É unha data para lembrar. Cando ninguén miraba con agarimo o patrimonio da nosa Terra, eles fixérono. 
O Sorriso de Daniel quere unirse á celebración e faino como entidade adherida na Rede do Patrimonio a unha marcha que percorrerá aquela saída inicial que fixeron de Santiago ata a casa de Ortoño onde se criou Rosalía de Castro. 

O MUSEO DO POBO GALEGO, o CONSELLO DA CULTURA GALEGA, A REAL ACADEMIA GALEGA organizan unha andaina Santiago-Ortoño que rematará cun acto institucional no castro de Ortoño. Cadra en xoves e é día feriado.

O percorrido ten unha lonxitude de 12 km, con dificultade técnica baixa. O tempo estimado é de 3,5 horas, a ritmo de marcha cómoda, facendo algunha parada breve nos puntos de interese patrimonial e paisaxístico.

Despois dun acto institucional á chegada, haberá romaría para todas as persoas concorrentes. Para o regreso a Santiago habilitarase un servizo de transporte público.

Se non se quere quedar á romaría a 1 km do lugar de finalización hai paradas de buses que soben a Santiago (en Bertamiráns). 

Se vos queredes anotar tendes que facelo neste link


http://www.museodopobo.gal/gl/node/733



PREGAMOS QUE VOS ANOTEDES CANTO ANTES PARA QUE OS ORGANIZADORES POIDAN COÑECER O NÚMERO DE ANOTADOS E ORGANIZAR TODO EN FUNCIÓN DESAS INSCRIPCIÓNS. 


A xente da rede agruparémonos onda a porta dos Leóns do paseo da Alameda. Sede puntuais! Saése ás 9h da alameda.

Tendes aquí o programa.

http://museodopobo.gal/gl/centenario-do-seminario-de-estudos-galegos-programas


Andamos polo Seminario de Estudos Galegos, andamos polo noso Patrimonio!

--

O Sorriso de Daniel

Patrimonio Románico

www.osorrisodedaniel.org