Saltar ao contido principal

ABORTO LIBRE 28 Setembro

 


[ Aborto Libre ] Este 28S como cada ano reivindicamos a garantía ao acceso á interrupción do embarazo na sanidade pública. Este ano ademáis nun contexto no que as políticas da Xunta do Partido Popular en relación ao aborto son cada vez máis lesivas para a saúde das mulleres. Este 28S Día de Acción Global por un Aborto Legal, Seguro e Accesíbel vémonos nas rúas!


FB https://facebook.com/100064573156835/posts/681256620703437/
IG https://www.instagram.com/p/CxXkiIPKVVe/
X https://x.com/mmmgaliza/status/1704064606295969977?s=46


  • Foto del perfil de marchamundialmulleres

    [ Aborto Libre ] 🟢🟢 A Marcha Mundial das Mulleres advirte de que a Xunta agrava a saúde sexual e reprodutiva ao derivar a interrupción de embarazos á sanidade privada, ante a información da licitación de convenios con clínicas privadas por 1,4 millóns de euros.

    Dende a Marcha vimos desenvolvendo unha campaña polo dereito ao aborto cada 28S para reclamar que sexa un dereito efectivo. Este ano con máis razón toca saír ás rúas defendelo.

    A interrupción voluntaria do embarazo é un dereito que ten que poder exercerse con garantías de saúde integral para as mulleres e non concibirse como un negocio para as clínicas privadas. A administración pública debe contar con recursos suficientes na rede sanitaria pública galega para facer efectivo este dereito.

    A consideración das autoridades sanitarias da interrupción do embarazo como un procedemento menor, sen riscos, implica un claro menosprezo da nosa saúde e impón un castigo ás mulleres que deciden abortar ao seren expulsadas do sistema público de saúde.

    Os concertos con clínicas privadas obrigan moitas veces as mulleres e térense que desprazar fóra da súa área sanitaria, tendo que dispor dun medio de transporte axeitado e co conseguinte risco após unha intervención destas características.

    #abortoLibre #Aborto #AbortoLegalSeguroGratuito #28S

    + Comunicado completo na web http://feminismo.info/feminismo/blog/a-xunta-agrava-a-saude-sexual-e-reprodutiva-das-mulleres-ao-derivar-abortos-a-sanidade-privada/