Saltar ao contido principal

Plataforma condado denuncia mentiras do SERGAS

 Plataforma condado denuncia mentiras do SERGAS

Eliminar la etiqueta “Recibidos” de esta conversación

manuel martin

18:11 (hace 2 horas)
para bcc: 

As mentiras do SERGAS denunciadas pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Condado

Saudos

M. Martin. Voceiro 

image.png

👉 No día de onte, 29 de agosto de 2023, asistimos ao pleno do Concello de Ponteareas porque era o lugar onde sabíamos seguro que iamos atopar ás responsables das mentiras verquidas en campaña electoral a respecto da realidade do PAC de Ponteareas, e dos centros de Atención Primaria da Comarca, asegurando que axudarían a mellorar a situación.

👉🏾 Mentiron conscientemente porque saben que un concello non ten competencias neste asunto, aínda que sí pode loitar, presionar e demandar que a situación sanitaria mellore.

👉🏿 Asistimos porque así o decidimos nunha asemblea da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Condado Paradanta, xa que o 24 d febreiro deste presente ano solicitamos reunirnos coa responsable da área sanitaria, e seguimos agardando para facelo.

👉🏻 Advertimos que imos buscar responsables do desmantelamento da sanidade pública onde faga falta, sexa nos seus traballos ou mesmo nas súas casas.

👉🏼 Atacar a sanidade pública é atacar aos seus usuarios e colocar en perigo as nosas vidas, e non o imos consentir.

❌️ Por unha sanidade pública e de calidade como nos corresponde seguiremos facendo actos como este, e todo o que sexa necesario ✊🏿✊🏻✊🏽

🔴 Coa saúde non se xoga!!

🎥🎬 Non vos perdades o vídeo, compartide e participade. A sanidade pública é nosa‼️‼️🏥


https://www.facebook.com/plataformasanidadeponteareas/videos/1670524896776948/?mibextid=rS40aB7S9Ucbxw6v