Saltar ao contido principal

GALIZA en máxima cautela..Os bombeiros comarcais continúan en folga indefinida para reclamar máis medios

Segundo o índice de risco diario de incendio forestal (IRDI) calculado pola Consellaría de Medio Rural da Xunta da Galiza, nesta cuarta feira, 16 de agosto, case a metade da superficie da Galiza atópase en risco moi alto ou extremo de incendios. Unha área semellante atópase en risco alto e só as comarcas de Ortegal, A Mariña e parte da Terra Chá teñen un risco moderado ou baixo de lumes.  

Neste escenario, o conselleiro do Medio Rural, José González, garantiu que a Xunta está en "máxima prevención" e "cautela", co dispositivo contra incendios "totalmente despregado", para previr e loitar contra as chamas en caso de producirse. Nesta temporada estival, polo menos até o momento, non houbo que lamentar grandes lumes como os do verán do 2022.

"Calquera hectárea que arde na Galiza é unha desgraza. Por tanto, nós traballamos para que haxa a menor afectación posible", dixo González, en declaracións aos medios desde Ribadavia (comarca do Ribeiro), onde supervisou os traballos de roza que desenvolve o Concello cun tractor cedido pola Administración galega.