Saltar ao contido principal

Foi avistadoun oso pardo a plena luz do día nunha estrada dos Ancares

 

                  

             O oso pardo é unha especie que antigamente se estendía por boa parte do territorio que hoxe coñecemos como Galiza.

Nos últimos tempos, a poboación deste tipo de osos é moito máis escasa mais, afortunadamente, isto non significa que estea extinto. De feito, nas última horas foi avistado un osos pardo camiñando a plena luz do día nunha estrada dos Ancares. Foi no concello de Cervantes, na parroquia de Vilarello.

Segundo protección civil isto non é un feito illado e aseguran ter visto outro exemplar nos últimos días o que podería indicar un aumento da poboación de osos pardos.