Saltar ao contido principal

Convite celebración 50 aniversario Sindicato Labrego Galego - 23 de setembro

 Convite celebración 50 aniversario Sindicato Labrego Galego - 23 de setembro

Recibidos

SLG - CC.LL.

Adjuntosmié, 30 ago, 12:45 (hace 1 día)
para
No se muestran las imágenes. Mostrar las imágenes a continuación - Mostrar siempre imágenes de nacional@sindicatolabrego.gal
Prezadas/os amigas/os


Este ano o Sindicato Labrego Galego – Comisións Labregas celebra o seu 50 aniversario.

O 23 de setembro en Encrobas (Cerceda), teremos un acto para festexar “50 anos construíndo futuro, 1973-2023”, polo que queremos convidarvos a participar neste día tan especial.


Programa:

11:00h. Benvida

11:30h. Acto Conmemorativo do 50 aniversario do SLG

14:00h. Actuación musical: Pandereteiras de Encrobas

14:30h. Xantar labrego agroecolóxico*

17:00h. Palestra Voces Labregas. Loita polo territorio e defensa das producións labregas

19:00h. Actuación musical: Tre pés para un Suso


É necesario inscribirse para acudir ao evento. Podes facelo, ata o 13 de setembro, chamando ao 981554147 ou no correo electrónico nacional@sindicatolabrego.gal


*O xantar terá un custe de 15€ para adultos/as e 7€ para crianzas (Menú: Empanada, carne ó caldeiro, pan, auga e viño, postre e café. Contaremos tamén con opción vexetariana).

Haberá espazo para crianzas durante todo o día.

Dependendo das necesidades de transporte, tentarán coordinarse alternativas de viaxe colectivo (comunícao cando fagas a inscrición). En caso de habilitar autobús, terá un custo de 10€ por persoa.


Recibe unha aperta agarimosa.

Vémonos o 23 de setembro, por outros 50 anos de loita!!


Isabel Vilalba Seivane

Secretaria Xeral do SLG-CCLL


Libre de virus.www.avast.com
Un archivo adjunto• Analizado por Gmail