A Concellería de Igualdade do Concello de Fene, informa da 10ª Edición da Carreira da Muller que terá lugar en A Coruña o vindeiro 24 de setembro de 2023, evento de carácter deportivo e lúdico que se celebra para apoiar a loita contra o cancro de mama.
A Asociación Oncohematolóxica Por+Vida, en colaboración co Concello de Fene, fletará dous autocares para o traslado das mulleres participantes, realizará a recollida do dorsal e demáis material da carreira e formalizará as inscricións de todas as mulleres que participen a través da asociación.
Para máis información:
pormaisvida2011@gmail.com ou no teléfono 650 812 030.
smam@fene.gal ou nos teléfonos 981 342 607 e 981 492 706
http://www.carreradelamujer.com/