Saltar ao contido principal

As “vacacións” das enfermidades

 

A administración do PP, quere contar con médicos preparadisimos (10 anos de estudo máis prácticas) “pola comida”. Salarios de miseria (1.288 euros de soldo basee) e unhas condicións laborais sen estabilidade e moita precariedade. Os profesionais, loxicamente, van a lugares que prestixian o seu traballo, reciben un salario digno por exercelo e  non teñen que estar “a esperar” a que  o burócrata de quenda chámeos para realizar unha substitución hoxe aquí e mañá alá.

 

 


“Toda persoa intelixente, adoita quedar como un imbécil, cando se atopa rodeada de imbéciles”. Jaume Perich Escala, El Perich (Barcelona, 05/11/1941- Mataró, 01/02/1995); escritor, debuxante e humorista. 

 

 

O 29/06/2023, o ínclito conselleiro de Sanidade dixo que o Servizo Galego de Saúde (SERGAS) "tentará reforzar" este verán a asistencia nos Puntos de Atención Continuada, nas zonas máis turísticas da Comunidade. Que nos centros de saúde "nunca" se cubriron as vacacións dos médicos, xa que no verán se reduce a presión asistencial ao haber menos patoloxías respiratorias e outras enfermidades máis propias do inverno. Minte, como sempre, pois si que se cubriron as prazas de médicos titulares durante moitos anos, até os recortes implantados desde o ano 2009 polos sucesivos gobernos de Feijóo e Rueda,

Aplicaron unha diminución do orzamento no SERGAS (sobre todo en Atención Primaria), que fixo imposible contar con profesionais que supliran o traballo sanitario.  

 

A administración do PP, quere contar con médicos preparadísimos (10 anos de estudo máis prácticas) “pola comida”. Salarios de miseria (1.288 euros de soldo base) e unhas condicións laborais sen estabilidade e moita precariedade. Os profesionais, loxicamente, van a lugares que prestixian o seu traballo, reciben un salario digno por exercelo e  non teñen que estar “a esperar” a que o burócrata os chame para realizar unha substitución hoxe aquí e mañá alá. Unha substitución que pode ser por horas, cando traballan o día enteiro, por días, cando van traballar semana a semana cando o titular se xubila ou enferma oir moito tempo. Este ninguneo non o atura ningunha persoa que poida exercer a súa profesión con estabilidade e un salario acorde á responsabilidade do cargo.

 

É verdade que hai enfermidades, en xeral, que se manifestan dunha forma máis acusada no inverno: problemas respiratorios, artrósicos, farinxitis, amigdalites, etc. pero non quere dicir isto, como di o responsable de Sanidade, que non se produzan noutras épocas do ano: as enfermidades crónicas, chámanse así por manifestar de forma recorrente, non descansan en “vacacións”. Na primavera, aumentan as enfermidades de tipo alérxico e no verán os golpes de calor e as queimaduras solares, as intoxicacións alimentarias, conxuntivites, enfermidades causadas por picaduras de insectos ou o pé de atleta; os traumatismos relacionados coas praias, con maiores desprazamentos, etc. Insisto, a patoloxía da xente que precisa do seu Médico de Atención Primaria, segue existindo, só tiña que mirar as axendas (si sabe o que é iso) e verá que as consultas diarias -repito diarias- non baixan de 40-50 persoas, mesmo no verán.

 

A práctica do PP de reducir o número de camas hospitalarias no verán (665 na Galicia) é unha estratexia equivocada: si os pacientes desde Urxencias non soben a planta por non ter as camas abertas, os que as precisan desde Urxencias dos Hospitais, non poden liberar o servizo, para poder atender a outros pacientes. Ademais, si os Centros de Saúde están baixo mínimos, as persoas que precisan asistencia, e non son atendidas, irán aos Servizos de Urxencias e o colapso está garantido (como o vemos todos os que utilizamos a sanidade real e non o ven os que cobran por resolver estes problemas). Os eufemismos, levan a pensar que falan para parvos: en lugar de falar de peche de camas din: “reorganización asistencial”, e que as camas e as plantas non se pechan, si non que se “adaptan” á demanda e ás vacacións do persoal… e quedan tan anchos.

 

Que se produza todos os anos, non quere dicir que “sexa normal”. As entidades que defendemos a Sanidade Pública, sempre dicimos que precisamos investimentos para reducir as listas de espera, tanto en consultas, como en probas diagnósticas, como en intervencións cirúrxicas, pero claro, para isto, precísase persoal e sobre todo diñeiro, algo que a administración do PP, con once mil millóns de orzamento para o ano 2023, non está disposta a investir.


Sempre nos preguntamos, que fan con ese diñeiro do que dispoñen cada ano? Non poden destinar algo máis a resolver os problemas do ben máis prezado que temos, que é a nosa saúde?