Saltar ao contido principal

A naronesa Sara González Veiga presenta o libro «Onde está o meu nome?», o mércores

     

A naronesa Sara González Veiga presenta o libro «Onde está o meu nome?», o mércores



Falará deste conto infantil, que ten versións en galego e castelán, na biblioteca municipal

14 ago 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Abiblioteca municipal de Narón acollerá este mércores a presentación do libro «Onde está o meu nome?», da veciña desta localidade Sara González Veiga. Trátase dun conto infantil con versións en galego e castelán. No acto, a escritora naronesa estará acompañada pola tamén autora Carolina Alejandra García Pérez, a partir das 19.30 horas.

«Onde está o meu nome» é a primeira incursión da autora na literatura infantil, «cunha historia a través da que quere transmitir unha serie de valores en relación coa familia, a amizade ou o esforzo en lograr os nosos soños». O libro está orientado a nenas e nenos a partir de sete anos, para unha lectura autónoma, e tamén é recomendable para outros de menor idade. Segundo indican dende o Concello de Narón, «a autora parte dunha situación na que unha amiga súa que esperaba un bebé non tiña claro aínda que nome poñerlle». Un elefante e unha cadela son os protagonistas da obra, na que se narra a historia da busca dese nome do bebé nunha viaxe por Galicia, Mérida e Grecia.

 Violencia de xénero

A naronesa Sara González comezou a súa faceta de escritora no CEIP Isaac Peral e no IES Saturnino Montojo, «centro este último no que participou en concursos de relatos organizados dende o departamento de Lingua galega con motivo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller». A temática da violencia de xénero está moi presente nos seus dous primeiros libros para público adulto: Escenas de una vida entre líneas (Editorial Tepublicamos, 2021) e La intensidad del alma (Círculo Rojo, 2022).