Saltar ao contido principal

A historia da represión linguistica en Ferrol

 

Carlos Callón ofrece o vindeiro domingo, 27 de agosto, un roteiro pola cidade de Ferrol tras as pegadas da represión lingüística. O contido do percorrido, que parte da Praza de Armas, ten como referencia as investigacións publicadas n’O libro negro da lingua galega (Xerais, 2022) polo propio Carlos Callón.

Haberá tres quendas para participar: ás 12, ás 18 e ás 20 horas.

É preciso inscribirse no enderezo: roteirosdolibronegro@gmail.com.