Saltar ao contido principal

  

                           A Asociación Cultural FUCO BUXÁN creouse para analizar e participar

dende unha perspectiva de esquerdas nos retos colectivos deste tempo.

Sendo unha organización apartidista pero non neutral na construción do noso

futuro, queremos subliñar a importancia que ten o teu voto nas eleccións do

vindeiro 23 de xullo para aquelas forzas políticas de progreso que traballan

por unha sociedade inclusiva e vivencial defendendo e mellorando os

servizos públicos, a cohesión social e na protección das persoas vulnerables.

Estamos ante unha disxuntiva clara que afectará profundamente a aspectos

moi concretos das nosas vidas e dereitos: tras un mes da constitución dos

novos concellos e CC.AA. é unha evidencia que o Partido Popular e VOX -

por máis que as súas terminais mediáticas relativicen a lóxica reaccionaria

que guía a súa acción política- defenden con distintos tons o mesmo

proxecto sistémico de involución, de demolición de consensos básicos

xeralmente asumidos e con desprezo aos principios máis elementais de

humanidade e xustiza.

Sexamos conscientes, todos e todas, do valor que ten o noso compromiso, a

nosa voz nas urnas para nós mesmos e para quen nos rodean. É este un

momento decisivo e tódolos votos son necesarios para frear unha

regresión democrática que dificilmente será reversible e, por iso,

agradecemos a túa participación e axuda para compartir e difundir.