Saltar ao contido principal

NECESITAMOS AXUDA PARA O PETO SOLIDARIO

                  NECESITAMOS AXUDA PARA O PETO SOLIDARIO


Desde Stop Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra, atendemos de xeito continuado a un número importante de de persoas e familias que necesitan dos nosos coñecementos, experiencia, acompañamento e as veces de axuda económica para resolver situacións que non poden agardar. A loita por unha vivenda digna e asequíbel, sigue sendo unha demanda que as institucións non solucionan e o máis grave en casos de urxencia. Normalmente encamiñamos a quen o necesita aos servizos sociais, Cáritas ou ao programa ConTeito. Mais a nosa axuda é necesaria, para os plan "A" e os plan "B" de vivenda e de resolver asuntos de primeira necesidade. É por iso polo que solicitamos contribucións económicas con URXENCIA neste momento. Mesmo neste momento o máis urxente é que temos un desafiuzamento sinalado para o 30 de xuño, estamos activos buscando solucións, para unha familia pendente de que se lle conceda o IMV, ou a RISGA e o Bono de Alugueiro Social, mais non vai dar tempo, polo que estamos reivindicando unha vivenda de emerxencia social municipal, en base ao artigo 7 do Regulamento das vivendas de Recimil.


Periodicamente facemos este chamamento en diferentes grupos, onde atopamos certa comprensión, empatía e solidariedade. Para quen queira e poda contribuír, poñerse en contacto con Inácio no 645158113, por whatsapp ou teléfono, ou no correo electrónico:

inaciogz@gmail.com


Ou ingresando na conta:


ES61 1491 0001 2120 1183 0029


Banco:

TriodosBank


Ao nome de:

Ignacio Martínez Orero


Concepto: Peto Solidario 


Ou no local de Fuco Buxán, en Caranza, na rúa Armada Española, 32, baixo. Todos os luns, de 5 a 7 da tarde, menos festivos.