Saltar ao contido principal

INFORMACIÓN SOS SANIDADE PÚBLICA

Informacion SOS sanidade Bos días, estiven fóra uns días e non puiden responder a algunhas preguntas sobre o Documental sobre a sanidade pública en Galicia. Despois da preestrea estamos a incorporar cambios no mesmo recollendo as critícas e suxestións que nos fixestes chegar. En canto teñamos en documental definitivo faremos un calendario para a súa presentación nas localidades que o queiran. Seguimos na loita pola Sanidade Pública Galega, por favor enviade información sobre actuacións das diferentes Plataformas para difundila. Saúdos Manuel Martin. Voceiro image.png Nota da Voz do Paciente de Cangas A Voz da Sanidade de Cangas quere denunciar publicamente o incumprimento do Concerto formalizado en setembro do 2014 entre o SERGAS e POVISA, onde por primeira vez establecese que os usuar@s poden escoller libremente cada ano onde queren recibir a asistencia sanitaria: No hospital Povisa ou no hospital Álvaro Cunqueiro. Para que este dereito poida cumprirse, tan só ten que publicarse do DOG dita convocatoria. A última convocatoria foi a do ano pasado a primeiros de maio. A cidadanía descoñéce cales son as razóns do retraso deste ano, non obstante, sabemos que historicamente todo o relacionado co Concerto de Povisa é tabú para os usuari@s, e que todo resolvese con total opacidade entre o Sergas e Povisa: compra de Povisa por Centene Corporación (finais 2018) e por Vivalto Santé (finais 2022) Por esta opacidade, que sempre existiu co beneplácito do Sergas non é nada desdeñado pensar de que o retraso deste ano sexa debido ao descontento da poboación con Povisa e que coñecen dunha maior afluencia de cambio dos usuari@s cara a sanidade pública. Por todo, solicitamos que o Sergas defenda os dereitos da cidadanía e publique xá a Resolución para proceder á apertura do período da libre elección de hospital do 2023.