Saltar ao contido principal

Acampa pola paz e o dereito a refuxio

 

Entrega dos Recoñecementos Acampa á defensa dos Dereitos Humanos 2023. Hoxe, ás 12.15 horas, na xornada de clausura do VII Encontro Internacional Acampa, farase entrega dos recoñecementos a PepeMujica, na categoría internacional, e a Rafael Pillado, no eido local/galego. En nome de Mujica, recollerá a peza escultórica e o aplauso colectivo de toda a Rede, a eurodiputada nacionalista Ana Miranda. No caso de Rafael Pillado, falecido o pasado febreiro, será un familiar do sindicalista o encargado de recoller o recoñecemento e o agradecemento infindo ao seu compromiso cos dereitos sociales e laborais dos galegos. O acto estará presentado polo xornalista Ricardo Sandoval e pola actriz Isabel Risco.
@concellocoruna @daccultura