Saltar ao contido principal

Nota SOS debate ILP salvar AP

 Nota SOS debate ILP salvar AP

Recibidos

manuel martin

16:56 (hace 2 horas)
para bcc: 

Nota Prensa SOS Sanidade Pública 

Manuel Martin. Voceiro 

image.png


Hoxe o Parlamento Gallego debateu a Iniciativa Lexislativa Popular para Salvar e Fortalecer a Atención Primaria Galega

Desde a Plataforma SOS Sanidade Pública queremos mostrar o noso agradecemento  ás:

•             Máis de 30 Plataformas constituídas en toda Galicia para defender da Atención Primaria e da Sanidade Pública,  aos centos de persoas que desde o verán recolleron firmas, informaron á poboación, organizaron actos de protesta por toda Galicia en apoio ás propostas da Iniciativa Lexislativa Popular para salvar e fortalecer á Atención Primaria en proceso de desmantelamento e deterioración.

•             Máis de 50.000 persoas que apoiaron coa súa firma unha Iniciativa con medidas racionais, factibles e aplicables de maneira inmediata para acabar coas trabas e dificultades para acceder aos Centros de Saúde e para mellorar e dignificar as condicións laborais dos traballadores da AP e do resto do sistema sanitario publico.

•             Máis de 50.000 persoas que se manifestaron en Santiago o pasado día 12 de febreiro en apoio á ILP e rexeitando a política sanitaria da Xunta de Galicia que foi a culminación de centos de manifestacións nas cidades, vilas e pobos de toda Galicia en apoio á Atención Primaria.

•             Organizacións que forman parte de SOS que traballan con lealdade e xenerosidade dentro da Plataforma para defender a AP e a todo o sistema sanitario.

•             Os portavoces Parlamentarios do BNG e PSG-PSOE polo seu apoio á ILP desde a tribuna e na votación e aos Concellos que colaboraron coa mesma 

•             Plataformas que se desprazaron a Santiago coas súas pancartas para arroupar á ILP

Queremos denunciar a actitude displicente, prepotente e  depreciativa do Presidente Rueda e de boa parte do grupo parlamentario do PP que:

•             Non se dignaron asistir ao debate dunha Iniciativa que tivo o co maior respaldo social da historia do Parlamento Galego (máis do dobre da que maior apoio social conseguiu)

•             Designaron para participar no debate en nome do PP a un personaxe mal encarado e maleducado,  que falto o respecto  á relatora de SOS, á Plataforma SOS e aos miles de galegos e galegas que apoiaron coa súa firma a ILP; que  mentiu con descaro acusando a SOS de non colaborar ou negociar medidas de cambio, escondendo os dous anos en que SOS estivo a participar no Consello Tecnico do Sistema de Saude de Galicia e que presento (xunto a outros colectivos) un proxecto para un Novo Modelo de AP (que o SERGAS gardo nun caixón).

•             Entendemos que o PP este en desacordo coa ILP pero non que insulte e ataque ás miles de persoas que a apoiaron para facer frente a situación dos seus Centros de Saúde, PAC, servizo de pediatría e matronas, sen persoal nin recursos necesarios para atender á poboación.

Desde SOS consideramos que aínda que se perdeu a votación gañamos a ILP xa que deixamos claro a poboación (e votantes de PP), que este partido non respecta a quen presenta propostas con medidas concretas , que recorre ao insulto e a descualificación por falta de argumentos e que non pensa cambiar a política de deterioro e desmantelamento  de la Atención Primara e do Sistema Sanitario Público Galego.