Saltar ao contido principal

NOTA DE PRENSA DA ASOCIACIÓN GALEGA PARA A DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA (AGDSP). 25 DE MAIO DO 2023.

 NOTA DE PRENSA DA ASOCIACIÓN GALEGA PARA A DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA (AGDSP). 25 DE MAIO DO 2023.

A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública, quere facer un chamamento a poboación, para que participe nas eleccións municipais do vindeiro día 28 de maio e vote a partidos políticos que defendan a Sanidade Pública, xa que aínda que en Galicia sexan do ámbito local, os resultados terán moitas implicacións para o Sistema Sanitario. As razóns son as seguintes:

1ª.- O Partido Popular basea a súa política sanitaria, no desmantelamento da Atención Primaria, nos recortes de persoal de categorías como a Medicina de Familia, Pediatría, Enfermaría, Matronas, etc; nos peches de centros de saúde e consultas; nas listas de agarda de máis dunha semán; na hexemonía da consulta telefónica; etc,. Esta política esta xerando un gran malestar social nas cidades e pobos galegos. A xente fai chegar directamente aos Concellos as súas demandas, como administracións máis cercanas, en solicitude de axuda.

2ª. - No último ano, houbo mobilizacións de protesta fronte a esta situación en moitas localidades, que contaron co apoio de moitos concellos galegos.

3ª.- Tanto a Iniciativa Lexislativa Popular para Salvar e Fortalecer a Atención Primaria como a gran manifestación do día 12 de febreiro en Compostela, contaron co apoio e colaboración dos gobernos municipais progresistas e nacionalistas, como acordos de apoio nos plenos, declaracións municipais, colocación de mesas de firmas, facilidades para dispoñer de locais para informar e debater, traslados de persoas, etc.

4ª.- Os Concellos, teñen a posibilidade de ceder terreos a Consellaría de Sanidade para a construción de novos centros de saúde e outras instilacións sanitarias.

A Xunta do PP e a Consellaría de Sanidade, reduciron os orzamentos sanitarios, recortaron os recursos da Atención Primaria, paralizaron a actividade dos hospitais públicos multiplicando as listas de agarda, enviando ás persoas enfermas aos centros privados concertados, suprimiron a obrigatoriedade da dedicación exclusiva do persoal médico dos seus propios hospitais para que poidan traballar na privada, desmantelaron áreas sanitarias e tamén os seus hospitais comarcais e mantiveron o persoal nunhas condicións laborais precarias e indignas. Un triunfo do PP nestas eleccións, aínda que sexan municipais, serviría de apoio e referendo a esta política destructora do Sistema Sanitario Público.

Dende a AGDSP facemos un chamamento a poboación, para que vote as candidaturas dos partidos que defenden a Sanidade Públicas desde os Concellos de toda Galicia e para facer evidente o rexeitamento social ao desmantelamento e a privatización da mesma.

Votar a partidos que defendan a Sanidae Pública é unha forma máis de loitar contra o deterioro do Sistema Sanitario PÚBLICO en Galicia.

Asociacion Galega para a Defensa da Sanidade Pública