Mérc 10, ás 20 h, VOTA FEMINISMO: O 28 DE MAIO TAMÉN É 8M
| lun, 8 may, 22:07 (hace 2 días) | |||
MÉRCORES 10 ÁS 20 H. PRAZA DO INFERNIÑO (Parada de Taxis)
A Marcha Mundial das Mulleres de Ferrol e comarca, no marco da campaña das eleccións municipais que comeza o próximo día 12, convida a participar nunha pegada simbólica que terá lugar o mércores día 10 ás 20 horas no Inferniño, ao lado da parada de taxis.
Con este acto queremos poñer de relevo a importancia das políticas con perspectiva feminista para mellorar a vida das mulleres desde os concellos.
Esta iniciativa insírese nunha campaña da Marcha das Mulleres en Galiza que ten como lema VOTA FEMINISMO: O 28 DE MAIO TAMÉN É 8M. Queremos reivindicar políticas públicas feministas, orzamentos para a igualdade, listas sen machistas nen agresores e compromisos reais coa igualdade.
Pretendemos chamar a atención sobre os aspectos que deben marcar a liña das políticas desde os concellos: que faciliten a conciliación, que ofrezan servizos de atención á infancia e dependentes, que ofrezan un urbanismo para mellorar a accesibilidade aos espazos públicos e a vida en común da veciñanza, que offreza á comunidade educativa formación e sensibilización en igualdade, que valore os traballos de coidados que se prestan desde o propio concello, etc
Agardando que sexa do voso interese, contamos coa vosa presenza.
MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES
DE FERROL E COMARCA