Saltar ao contido principal

INICIATIVA LEGISLATIVA POPULAR

         



               Hoxe o Parlamento Gallego debateu a Iniciativa Lexislativa Popular para Salvar e Fortalecer a Atención Primaria Galega 

Desde a Plataforma SOS Sanidade Pública queremos mostrar o noso agradecemento  ás:

 • Máis de 30 Plataformas constituídas en toda Galicia para defender da Atención Primaria e da Sanidade Pública,  aos centos de persoas que desde o verán recolleron firmas, informaron á poboación, organizaron actos de protesta por toda Galicia en apoio ás propostas da Iniciativa Lexislativa Popular para salvar e fortalecer á Atención Primaria en proceso de desmantelamento e deterioración.  

Máis de 50.000 persoas que apoiaron coa súa firma unha Iniciativa con medidas racionais, factibles e aplicables de maneira inmediata para acabar coas trabas e dificultades para acceder aos Centros de Saúde e para mellorar e dignificar as condicións laborais dos traballadores da AP e do resto do sistema sanitario publico. 

Máis de 50.000 persoas que se manifestaron en Santiago o pasado día 12 de febreiro en apoio á ILP e rexeitando a política sanitaria da Xunta de Galicia que foi a culminación de centos de manifestacións nas cidades, vilas e pobos de toda Galicia en apoio á Atención Primaria. 

Organizacións que forman parte de SOS que traballan con lealdade e xenerosidade dentro da Plataforma para defender a AP e a todo o sistema sanitario. 

Os portavoces Parlamentarios do BNG e PSG-PSOE polo seu apoio á ILP desde a tribuna e na votación 

Plataformas que se desprazaron a Santiago coas súas pancartas para arroupar á ILP Queremos denunciar a actitude displicente, prepotente e  depreciativa do Presidente Roda e de boa parte do grupo parlamentario do PP que: 

Non se dignaron asistir ao debate dunha Iniciativa que tivo o co maior respaldo social da historia do Parlamento Galego (máis do dobre da que maior apoio social conseguiu) 

Designaron para participar no debate en nome do PP a un personaxe mal encarado e maleducado,  que falto o respecto  á relatora de SOS, á Plataforma SOS e aos miles de galegos e galegas que apoiaron coa súa firma a ILP; que  mentiu con descaro acusando a SOS de non colaborar ou negociar medidas de cambio, escondendo os dous anos en que SOS estivo a participar no Consello Tecnico do Sistema de Saude de Galicia e que presento (xunto a outros colectivos) un proxecto para un Novo Modelo de AP (que o SERGAS gardo nun caixón).  

Entendemos que o PP este en desacordo coa ILP pero non que insulte e ataque ás miles de persoas que a apoiaron para facer frente a situación dos seus Centros de Saúde, PAC, servizo de pediatría e matronas, sen persoal nin recursos necesarios para atender á poboación.  

Desde SOS consideramos que aínda que se perdeu a votación gañamos a ILP xa que deixamos claro a poboación (e votantes de PP), que este partido non respecta a quen presenta propostas con medidas concretas , que recorre ao insulto e a descualificación por falta de argumentos e que non pensa cambiar a política de deterioro e desmantelamento  da Atención Primara e do Sistema Sanitario Público Galego.