GALICIA INDIGNADA
O NON APROBARSE NO PARLAMENTO
A ILP PARA SALVAR A ATENCIÓN PRIMARIA
Santiago
9 de maio de 2023- Tras varios meses de recollidas de
firmas e de realizar durante anos concentracións diante dos centros de saúde,
ademais de grandes manifestacións como a que congregou a máis de 50.000 persoas
na praza do Obradoiro de Santiago o pasado mes de febreiro, multitude de
persoas por toda galicia mostran hoxe a súa decepción e frustración nas redes
sociais ante a inesperada resposta da Xunta, que aproveitando a súa maioría
absoluta no Parlamento de Galicia decidiu votar en contra das medidas ditadas
polos expertos e apoiadas pola maior recollida de firmas da historia galega
Desde
Sos Sanidade mostraron o seu asombro ante esta reacción inesperada, e afirman
que non comprenden como é posible que faltase ao pleno o Presidente o Sr. Rueda
así como a maioría do seu Goberno, que
demostran con iso unha gran falta de responsabilidade, ao ser este tema sen
dúbida o máis prioritario entre as
preocupacións da poboación na
actualidade
Destacan
a estupenda intervención da Sra, Vanesa Viquendi que presentou a Iniciativa
lexislativa Popular en representación de todas as familias que levan anos
denunciando a terrible situación que viven como pacientes e de todas as persoas
que apoiaron coa súa firma esta proposta de Lei, que asegurou contén as medidas
suficientes como para restablecer os servizos mínimos e os centros de saúde.
Tamén destacou que o feito de que a Xunta baixase o orzamento da Atención
Primaria a menos da metade do que recomenda a Organización mundial da Saúde foi
o comezo dunha desastrosa xestión, que como consecuencia inclúe a falta de pediatras debido a que
intencionadamente se eliminaron o 90% das prazas dos pediatras que se xubilaban
, deixando a súa cota de pacientes sen cubrir.
Consideran
decepcionante o feito de que o propio Conselleiro de Sanidade non tivese a
valentía de dar explicacións e que no seu lugar fose o Sr. Pazos Couñago quen
saíse a explicar o seu incongruente e débil argumento, para tentar xustificar a
votación en contra dunhas medidas que precisamente tentaban resolver os graves
problemas ocasionados pola terrible xestión destrutiva da sanidade realizada
pola Xunta de Galicia
Desde
as distintas plataformas e colectivos que forman Sos Sanidade mostraron a súa
indignación ao ver como desde a Xunta de Galicia négase a realidade afirmando
que estas medidas non son necesarias pois “estamos ante un dos mellores
sistemas sanitarios de España” esquecendo que a mortalidade en Galicia segue
crecendo de maneira inxustificada como consecuencia das irresponsables listas
de espera, da falta de ambulancias, e da falta de servizos mínimos nos centros
de saúde, que á súa vez trae como consecuencia o colapso permanente dos
servizos de urxencias hospitalarios
Por
último os seus representantes quixeron mostrar agradecemento ás máis de 30
plataformas constituídas para a defensa da Atención Primaria, a todas as
persoas que apoiaron a ILP coa súa firma, e a todos os colectivos e partidos
políticos que lles apoiaron e acompañado no proceso, anunciando que continuarán
avanzando e denunciando esta situación
insostible ata que a Xunta cambie a súa política de xestión sanitaria e tome
medidas reais para resolver todos os problemas actuais.
Máis
información T 669 70 41 77 (
Martin)
M-sossanidadepublicagalega@gmail.com