Saltar ao contido principal

FERROL ANÁLISIS Nro 34

 



               FERROL ANÁLISIS Nº 34
Enlace a Álbum de fotos: https://drive.google.com/drive/folders/1cM2MfBDcq10gHByVpc6sKkLwMizE-8cZ?usp=sharing
Importante acontecemento para a Cultura ferrolá foi a presentación desta Revista, o pasado día 11, no Museo da Construcción Naval e no centro da exposición pictórica de Pedro Castro sobre San André de Teixido. Ambas cousas, exposición e museo merecen visita aparte. A revista recolle nas súas 350 páxinas interesantes artigos, de case medio cento de autores, que van conformando a historia ferrolá, a do pasado, a do presente e diría tamén que a do futuro, porque facer historia e deixala rexistrada é tamén facer futuro. Na publicación destaca a valiosa e preciosa aportación plástica de Mª José Leira.
Parabéns ao Club de Prensa, editor da Revista, a Julia Díaz, Presidenta do mesmo e á Xunta Directiva, a Esperanza Piñeiro, Directora de Ferrol Análisis e ao Consello Redactor e tamén a todos cantos colaboraron escribindo o facéndoa realidade.  Un pracer asistir a súa presentación e compartila con tantas amigas e amigos.